Museo do Mar
11/09/2015
O deputado delegado de Cultura, Francisco Balado, presentou a programación de actividades tanto escolares como extraescolares da Rede Museística Provincial para este curso 2015/2016. A maiores de cursos para os máis pequenos, esta oferta educativa tamén inclúe obradoiros creativos e propostas que ofrecerán os catro museos da Rede tanto para xente de mediana idade como para maiores.
O deputado delegado puxo en valor a pluralidade desta programación, que conta con recoñecemento a nivel nacional o que derivada en invitacións para explicar en distintos puntos de España, o perfil educativo desta oferta de actividades. Balado tamén resaltou a gratuidade dos cursos e engadiu que para a participación en calquera das actividades, os interesados débense poñer en contacto co...
leer más 01/06/2015
A Rede Museística Provincial, dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo, ofrecerá este ano máis de medio cento de actividasdes para todos os públicos durante os meses de xuño, xullo e agosto nos catro museos que a conforman: o Museo de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, o Museo Fortaleza San Paio de Narla, e o Pazo de Tor.
O responsable de Cultura e Turismo da institución provincial, o nacionalista Mario Outeiro, foi o encargado de presentar esta mañá este compendio de actividades xunto coa xerente da Rede, Encarna Lago, e a directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro. Mario Outeiro destacou o carácter “público e totalmente gratuíto” deste programa de actividades pensado para “axudar a conciliar as longas vacacións dos...
leer más 06/04/2015
O responsable de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, participou esta mañá na presentación do cuarto Estudio Aberto, a iniciativa de residencias artísticas na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos que naceu no ano 2013 dentro do proxecto global ‘Enredarte’. Acompañaron a Outeiro no acto as coordinadoras destas residencias artísticas, Encarna Lago e Paula Cabaleiro, e a directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelio Balseiro.
Mario Outeiro explicou que esta cuarta edición volverá a levarse a cabo “durante o verán, desenvolvéndose as residencias artísticas desde o 31 de xullo ao 6 de agosto, concluíndo nunha exposición que se inaugurará o venres 7 e se prolongará ata o domingo 30 de agosto”, sinalou o responsable provincial de Cultura...
leer más