A Mariña

Etiquetas:
25/10/2022

O vindeiro sábado, 29 de outubro, seguirá A Mariña en Ruta cunha andaina por Burela, de asentamento castrexo a vila medieval, guiada por Lidia de la Fuente. Trátase dunha ruta peonil no centro urbano de Burela e á beira do mar, que lles permitirá aos participantes viaxar no tempo desde o seu orixe prehistórico ata converterse nun dos principais portos do Cantábrico.

O percorrido levaraos ata Cabo Burela, defensa natural para o antigo castro que escondeu durante séculos o impresionante Torques. E continuará ata a igrexa da Vila do Medio, onde as pinturas góticas son testemuña do pasado medieval dunha vila que se converteu nun dos principais portos pesqueiros do país. 

A actividade do pasado sábado, que discorreu por Alfoz, estivo centrada na explotación aurífera. Ao longo da historia existen diferentes momentos nos...

leer más
Etiquetas:
25/10/2022

Veciñas e veciños de cinco concellos da provincia participarán esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. En total son 153 persoas dos municipios de Pol, Castroverde, Ribas de Sil, A Fonsagrada, e Lugoque, dende este martes e ata o venres, viaxarán polo territorio lucense grazas ás viaxes gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro.

Este martes, a Asociación Veciñal Mulleres Rurais Olvido, de Pol, e a Asociación de Amigos do Patrimonio,de Castroverde, viaxaron á Mariña e ao sur da provincia, respectivamente. Os primeiros comezaron a súa ruta no Mazo de Santa Comba, antes de saír cara aQuiroga, onde visitaron o Museo Xeolóxico da localidade e o Xeomiradoiro de Campodola. Ademais, o grupo coñeceu unha adega e o castelo de Torrenovaes. No caso do colectivo veciñal de Castroverde...

leer más
Etiquetas:
20/10/2022

Por Valadouro, Lourenzá, Trabada e Foz seguirá A Mariña en Ruta en novembro. A Mancomunidade ven de presentar os roteiros do vindeiro mes para os que está aberta a inscrición.

O 1 de novembro terá lugar a Ruta dos Pozos, no Valadouro. Os participantes poderán percorrer a ribeira do río Ferreira, onde se encontra a fermosa fervenza do Pozo da Onza e todo o seu entorno poboado de flora e fauna autóctona. Esta actividade estará guiada por Pedro Rolle.

O día 5 A Mariña en Ruta seguirá con O Conde Santo e o fenómeno medieval da peregrinación (Lourenzá). Esta ruta que mestura a cultura e a natureza da man de Lidia de la Fuente levará aos participantes polas terras do antigo Mosteiro de San Salvador de Lourenzá, dende a igrexa de San Salvado, onde se atopa o sarcófago do Conde Santo, ata o Pazo de Tovar, símbolo de poder...

leer más
18/10/2022

Veciñas e veciños de seis concellos da provincia participarán esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Son en total preto de 180 persoas dos municipios de Lugo, O Incio, O Páramo, Chantada, Castro de Rei e As Nogais as que, dende este martes e ata o venres, percorrerán o territorio lucense grazas ás viaxes gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro.

Este martes, a Asociación Veciñal San Amaro de Barbaín, do Incio, e a Asociación de Comerciantes e Industriais da Milagrosa, de Lugo, viaxan á Mariña. Os primeiros comezaron a súa ruta na Granxa Gayoso Castro da institución provincial, antes de continuar cara Barreiros, para percorrer o seu paseo marítimo, visitar a praia das Catedrais e Rinlo e logo coñecer tamén o casco histórico da vila ribadense. Os de Lugo visitaron o Mazo...

leer más
Etiquetas:
17/10/2022

Boa acollida da nova edición de A Mariña en Ruta, que daba comezo o pasado 8 de outubro. A actividade está organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. 

Desde a Mancomunidade explican que “nas tres rutas que xa tiveron lugar completáronse as prazas existentes, con xente en lista de agarda nas dúas primeiras”. E engaden que “para as dúas próximas rutas de outubro aínda quedan prazas, polo que animamos á xente a aproveitar esta oportunidade”. O día 22 será Bateando ouro en Alfoz, con Fran Canosa, e o 29 Burela: de asentamento castrexo a vila medieval, con Lidia de la Fuente.

Os asistentes á primeira das rutas, que tivo lugar o 8 de outubro por terras de A Pontenova, tiveron a oportunidade de visitar os  Fornos de Vilaodriz e o nivel cero...

leer más
Etiquetas:
17/10/2022

Mariña Patrimonio organiza unha conferencia que leva por título "Un achegamento ao patrimonio inmaterial da Mariña". Nela farase unha presentación dos resultados do traballo de prospección e documentación de patrimonio inmaterial da Mariña realizado durante o ano 2021 polo antropólogo Rafael Quintía, da empresa Ab origine Antropoloxía S.L.L. 

O proxecto de investigación foi promovido pola Asociación Mariña Patrimonio con fin de inventariar parte do rico patrimonio inmaterial dos concellos da Mariña como paso previo para a solicitude da súa futura catalogación e inclusión no inventario oficial da Xunta de Galicia.

A charla terá lugar este venres, 21 de outubro, ás sete da tarde no Museo Histórico de Sargadelos. 

13/10/2022

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro Afeccionado, que inclúe 87 representacións espalladas por todas as comarcas. Vintenove compañías  –dez máis que na última edición-  representan as súas obras no marco deste programa, co que a área de Cultura mantén o apoio ás artes escénicas e ofrece a asociacións e concellos a posibilidade de ampliar as súas axendas culturais.

Trátase de Asociación Cultural Abrente (As Nogais), Alentía Teatro (Palas de Rei), Metátese Teatro (Palas de Rei), Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla,  Falcatrueiros (Monterroso), Argalleiras (Chantada),  Teatreiras (Monforte), Viraventos (Monforte), Hipócrita Teatro (Lugo), Grupo de Teatro do Hospital – HULA (Lugo), Os Palimoquiños (Lugo), Nova Escena (Lugo), Curuxan Teatro Impro (Lugo), Grupo de...

leer más
Etiquetas:
11/10/2022

Veciñas e veciños de seis concellos da provinciaparticiparán esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Son en total preto de 140 persoas dos municipios de Lugo, Ribas de Sil, Vilalba, Chantada, Cospeito e O Páramo as que, dende este martes e ata o venres, percorrerán o territorio lucense grazas ás viaxes gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro.

Este martes,aAsociación de Veciños de Lugo LucusAugusti e a Asociación de Veciños, Cultural e Deportiva Remeite de San Clodio viaxan este martes á Montaña e á Mariña, respectivamente.O grupo de Lugo comezou a súa viaxe no Centro de Interpretación Terras do Miño, antes de continuar a súa ruta cara A Fonsagrada e Negueira de Muñiz para descubrir a Seimeira de Vilagocende, o museo comarcal e unha adega. Os de Ribas de Sil coñeceron a...

leer más
Etiquetas:
06/10/2022

Do 22 de outubro ao 12 de novembro desenvolveranse na Mariña e en Ferrolterra seis xornadas de turismo slow, que terán lugar en Cedeira, Barreiros, nas Fragas do Eume ou a carón do río Sor. 

O Turismo Slow Norte de Galicia é  un proxecto colaborativo posto en marcha no ano 2015 polas Mancomunidades de Concellos da Mariña Lucense e Ferrolterra, coa intención de promover un turismo sostible, é dicir, respectuoso coa natureza, coa xente que vive no territorio, coas empresas e traballadores do sector turístico. Así, con esta filosofía, que hoxe en día xa é tendencia, foise desenvolvendo un proxecto escaparate da oferta dos xeodestinos Mariña Lucense e Ferrolterra Rías Altas en resposta ao perfil do turista que escapa das masificacións e que está cada vez máis concienciado cunha forma de viaxar máis pausada, buscando o descanso, gozar do medio...

leer más
04/10/2022

A veciñanza de seis concellos da provincia participará esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Son en total unhas 140 persoas dos municipios de Ourol, O Saviñao, Antas de Ulla, Cospeito, Castro de Rei e Ribadeo as que, dende este martes e ata o venres, percorrerán o territorio lucense grazas ás viaxes gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro.

Este martes, a Asociación Cultural, Recreativa e Deportiva Aturuxeiros de Bravos, de Ourol, e a Asociación de Veciños do Saviñao viaxaron a Cervantes e Navia de Suarna e á Terra Chá, respectivamente. Os mariñaos coñeceron o Pazo de San Marcos antes de facer un percorrido pola aldea do Piornedo e a localidade de Navia de Suarna, onde tamén se achegaron a unha fábrica de embutidos. Os do Saviñao fixeron unha parada no Mazo de Santa...

leer más