Veciñas e veciños de seis concellos da provinciaparticiparán esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Son en total preto de 140 persoas dos municipios de Lugo, Ribas de Sil, Vilalba, Chantada, Cospeito e O Páramo as que, dende este martes e ata o venres, percorrerán o territorio lucense grazas ás viaxes gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro.
Este martes,aAsociación de Veciños de Lugo LucusAugusti e a Asociación de Veciños, Cultural e Deportiva Remeite de San Clodio viaxan este martes á Montaña e á Mariña, respectivamente.O grupo de Lugo comezou a súa viaxe no Centro de Interpretación Terras do Miño, antes de continuar a súa ruta cara A Fonsagrada e Negueira de Muñiz para descubrir a Seimeira de Vilagocende, o museo comarcal e unha adega. Os de Ribas de Sil coñeceron a Granxa Gayoso Castro da institución provincial para logo poñer rumbo a Cervo para visitar a fábrica de Sargadelos, o paseo dos namorados e a vila de San Cibrao.
O mércores, ao ser festivo nacional, non haberá viaxes. As visitas volven o xoves cando a Asociación de Mulleres Rurais de San Bartolomeu de Ínsua, de Vilalba, emprenda ruta dende as instalacións provinciais do Mazo de Santa Comba. Unha vez feita a visita guiada dirixiranse cara Quiroga para visitar o Museo Xeolóxico da localidade e o Xeomiradoiro de Campodola. Ademais, visitarán unha adega e o castelo de Torrenovaes.
Este xoves tamén participa no programa a Asociación de Veciños e Veciñas San Juan da Alameda, de Chantada, que coñecerá o funcionamento do Centro de Produción Audiovisual da Deputación, en Lugo, para despois coller rumbo cara A Mariña para mergullarse nos enclaves turísticos de Cervo.
O venres, será a quenda da Asociación Recreativa Cultural San Martiño de Pino, de Cospeito, que tamén visitará o Mazo de Santa Comba e seguirá por Taboada e Chantada. Dende O Páramo participará o colectivo Aldea Nosa, que iniciará a súa viaxe no Centro de Interpretación Terras do Miño, e logo desprazaranse ata Quiroga.
Na segunda edición do programa Coñece a túa Provincia, que comezou na primavera, xa se beneficiaronmáis de 2.000 persoas. Este outono son 55 as asociacións e colectivos lucenses os que contan coas súas reservas para viaxar pola provincia ata o mes de novembro.
O programa Coñece a túa Provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que teñen a habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.