Letras Galegas
O Concello de O Valadouro organiza diversas actividades o 17 de maio, Día das Letras Galegas, que terán lugar na Casa da Cultura.
O programa dará comezo ás 20:00 horas coa intervención de Lionel Rexes que falará de Antonio Fraguas, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Despois haberá Raposadas con Antonio, Contos e lendas de Raquel Queizás.
Proxectaranse as curtas sobre a lingua galega: O galego é a fórmula do IES Isaac Díaz Pardo de Sada e En galego en Foz do IES de Foz. Tamén haberá cantigas con A.C. Amado Lar.
Colaboran na organización destas actividades: Deputación de Lugo, AC Amado Lar, IES de Foz e IES Isaac Díaz Pardo de Sada.
Burela celebrará o Día das Letras Galegas a vindeira fin de semana con dúas actuacións. O sábado, día 18, a Coral Polifónica de Burela comparitá escenario xunto ás corais de Mera e A Estrada a partir das 20:30 horas na Casa da Cultura. E o domingo 19 estará en Burela Andrea Pousa que ofrecerá un concerto ás 19:30 horas. O concelleiro José Díaz subliñou que é unha das voces que máis está soando en Galicia nestes momentos.
O edil de Cultura anunciou que “imos ter dous eventos musicais en conmemoración dese día importante para a cultura galega. O primeiro vai ser o sábado, 18 de maio, ás oito e media da tarde no auditorio municipal, onde imos ter o concerto das Letras Galegas, como fixemos en anos anteriores, coa Coral Polifónica de Burela máis dúas corais que veñen invitadas que son a Coral Polifónica Estradende, de A Estrada, e a Coral...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu concerto das Letras Galegas o sábado 18 de maio no Teatro ás 20:30 horas. Das oito pezas que interpretará tres delas son estreas e algunhas contarán con narración a cargo de Toni Deaño.
O director da formación, David Ballester, anuncia que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo segue coa súa programación anual e desta volta, coa proximidade das Letras Galegas, o sábado 18 de maio ás oito e media no Teatro terá lugar o tradicional concerto para conmemorar ese día”.
David Ballester explica que “neste concerto, como non podía ser menos, nós faremos esa homenaxe ás Letras Galegas, ás nosas letras musicais, e interpretaremos diferentes tipos de música galega, tanto muiñeiras como xotas e pasodobres. Tamén haberá tres das obras que imos interpretar que irán con...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro celebra a Semana das Letras Galegas e a Diversidade Cultural na que programa para este xoves, 17 de maio, ás 12:30 horas na Casa da Cultura unha xornada sobre a Vida e Obra de María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano, con Lionel Rexes. Despois os grupos de cantareiras pequenas e medianas da Asociación Cultural Amado Lar ofrecerán Cantigas Populares Galegas, e haberá unha lectura de varios contos de María Victoria Moreno a cargo dos nenos e nenas da Asociación Cultural Amado Lar.
Tamén o día 17 terá lugar a representación teatral da obra Mar Adiante de María Victoria Moreno interpretada polo grupo Bandullo Azul. Será ás 20:00 horas e está dirixido ao público familiar.
O venres, día 18, ás 19:00 horas, no pavillón polideportivo municipal celebrarase unha...
leer másViveiro acollerá a celebración de diversas actividades con motivo do Día das Letras Galegas.
O xoves, 17 de maio, ás 12:30 horas, na Praza da Fontenova, actuarán Tempus Fugit e Coral-Alborada. Ademais haberá postos das librarías Porta da Vila e Neira Brochs (se chove estas actividades terán lugar na Sala Multiusos do Concello).
O sábado, 19 de maio, ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal celebrarase Cataventos, un contacontos narrado por Pedro Brandariz. A entrada é de balde ata completar aforo.
O domingo, 20 de maio, ás 20:00 horas, no Teatro Pastor Díaz, terá lugar a Gala da Lingua con Cándido Pazó, Brandariz e Rei, Najla Shami e Lois Pérez. A entrada é de balde ata completar aforo.
A delegación de Cultura do Concello de Cervo conmemorará o Día da Letras Galegas co concerto de Caxade. Será o sábado, 19 de maio, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura en San Ciprián.
Caxade é o proxecto persoal de Alonso Caxade. Folk-pop cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo posmoderno e discurso reivindicativo, metafórico e irónico.
Caxade é unha banda musical, pero nace no último trimestre do 2012 como proxecto audiovisual transgresor, coas videocreacións “Dança dos Moscas”, “Gente Pota” e “Sr. Xorda” (con Javier Antelo Seoane, Iria Pinheiro e Tánia Ameneiro). En novembro de 2013 edita no selo cooperativo "Discos da Máquina" o seu primeiro traballo discográfico A Dança dos Moscas coa banda formada por Manu Paino...
leer másO concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anunciou que “o cantautor galego Tino Baz ofrecerá un concerto no salón de actos do Concello de Lourenzá o sábado 19 de maio ás 20 horas. Tino Baz é un coñecido cantautor e músico de A Guarda (Pontevedra) que formou parte de grupos tan recoñecidos como A Roda e Treixadura. Actuou na clausura da primeira edición das Xornadas de Historia Local que se celebrou en xaneiro de 2017 na Fortaleza de Tovar”.
Este acto, que servirá para conmemorar o Día das Letras Galegas, está organizado pola Concellería de Cultura e subvencionado pola Deputación Provincial de Lugo a través do Plan Único.
A Praza dos Campos será o escenario para conmemorar o Día das Letras Galegas, en San Ciprián.
O grupo A Rebolaxe, coa colaboración do Concello de Cervo, está a organizar unha xornada cunha ampla programación para a tarde do mércores, 16 de maio.
A cita, presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por varios membros da organización, comezará ás 18:30 horas con diferentes xogos tradicionais de balde dirixidos tanto aos nenos como aos adultos.
Ás 19:30 horas será a quenda da gastronomía a base de racións de panceta, chourizos e salchichas.
A tarde estará amenizada coa música do grupo local A Rebolaxe e da banda de gaitas de Burela Dambara; e ás 21:30 horas, porá o broche de ouro o grupo de música tradicional...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de Burela organiza un concerto de arpa celta con motivo do Día das Letras Galegas. A actuación correrá a cargo do grupo Lulavai e terá lugar no auditorio, o venres 19 de maio ás 21:00 horas.
As entradas para acudir a este concerto están á venta na Biblioteca Municipal ao prezo de 3 euros en anticipada e 5 euros en taquilla o mesmo día da actuación.
Lulavai é un grupo composto por catro mulleres, Lorena, Paula, Josefa e Elena, quen coas súas arpas e as súas voces teñen un estilo propio. Neste concerto presentan o seu segundo traballo discográfico titulado Lémbrame un soño composto por temas orixinais sen perder o referente da música tradicional e incluso clásica e jazz.
Estas intérpretes coñécense no ano 2005 cando formaban parte do grupo Sondeseu, baixo...
leer másA alcaldesa de Mondoñedo, a popular ElenaCandia, será a encargada de darlle lectura mañá a un manifesto no que se recorda a relación entre o autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas, Carlos Casares, e o escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro.
O Goberno local do Concello de Mondoñedo quere con este acto renderlle unha homenaxe a ambos os dous autores no Día das Letras Galegas. Con este obxectivo, a Biblioteca Pública Municipal abrirá en horario de mañá, a partir das 11:30 horas, momento no que a alcaldesa dará lectura ao manifesto.
Así, a rexedora aproveitará este acto para recordar a relación que uniu a ambos os autores, así como as numerosas veces que Casares escribiu sobre Cunqueiro, cuxas obras prologou en varias ocasións.
O Concello de Mondoñedo aproveita este acto tamén para...
leer más