Os xardíns do Eido Dourado, á carón da praia de A Pasada, acollerán este domingo, 31 de xullo, un espectáculo de flamenco dentro dos Concertos ao Solpor.
O artista barreirense Celso Dourado explica que “no Eido Dourado sempre apostamos por proxectos innovadores que se desenrolan no noso país. Eu cando descubrín que había unha tendencia moi alimentada sobre todo pola etnia xitana en Galicia, que estaba promovendo o cante flamenco incluso con certas veleidades pola máis fonda tradición da música en Galicia, me pareceu algo sorprendente”.
Dourado detalla que “este espectáculo flamenco xira en torno a tres paos, pero sobre todo xira en torno a figura do bailaor. O esquema central vaino ocupar Isaías Salazar ao baile, que é un xitano nado en Ferrol, moi formado no que é o baile e desenrola a súa actividade en torno a este esquema. Vai estar arroupado por un guitarrista andaluz chamado Miguel Flores, que por razóns sentimentais trasladouse a Galicia onde vive cunha persoa moi coñecida no mundo da música, e trata de potenciar o que é o seu estilo. É un guitarrista flamenco do máis puro e está a tocar por distintos sitios, neste caso vai arroupar a Isaías Salazar ao baile. O outro pao dos tres que compoñen este espectáculo é o que ocupa Sandra Calderón. Vai acompañar ao cante, ten unha voz realmente espectacular e entre os tres van presentar un espectáculo penso que digno e moi interesante”.
Celso Dourado lembra que “a entrada será como sempre de balde e a partir das 22:00 horas dará comezo esta cita. Entre dez e dez e media será coa caída do sol porque sempre facemos coincidir todos os espectáculos coa caída do sol, o espectáculo empezará un tanto de día e rematará un tanto de noite. Ver como a luz artificial que ilumina os xardíns gaña protagonismo ao luz do sol. Ese cambio sempre procuramos preservalo e sempre o facemos a esa hora entre dez e dez e media damos inicio coa caída do sol, por iso denominamos a estes concertos Concertos ao Solpor”.