FC

Etiquetas:
29/04/2025

O Ribadeo Fútbol Club celebrará a súa II Fiesta Ochentera este venres, día 2 de maio, desde as 23:00 horas na discoteca Rosa Lar. Actuarán o grupo Sintético Fantástico e DJ´S de los 80.

O prezo da entrada é de 5 euros e entre os asistentes sortearase unha cea para dúas persoas no restaurante San Miguel, de Ribadeo.

“Tras o éxito da pasada edición, repetimos unha cita que chegou para quedarse”, anuncia o Ribadeo FC.