Escola
Ata o 30 de setembro estará aberta nas oficinas do Concello de Xove a preinscrición para o Curso 2020-2021 na Escola Municipal de Música. Todos/as alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario de oficina a formalizar a súa solicitude. Tamén poden realizar esa preinscrición online, a través da páxina web do Concello: www.xove.es. Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con todos os datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello. Esta ficha pódese obter no mesmo rexistro.
O día 1 de outubro farase público no taboleiro de anuncios do Concello o listado de novos admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2020/21. Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a formalizar a súa matrícula deberá entregar no Rexistro Municipal ou a través dos...
leer másA Escola Municipal de Música de Burela, ten aberto o prazo de matrícula para novos alumnos dende o día 1 ao 30 deste mes.
O director do centro, Xan Carballal, explica que “a matrícula pódese realizar no edificio da Escola de Música (antigo parvulario), sito na Rúa do Cancelo nº 1 ,de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas. Tamén se o desexan poden facelo a través da páxina web do Concello de Burela, onde atoparán na sección dedicada á Escola de Música un impreso de matrícula e un documento onde aparecen detalladas todas a instrucións e información precisa para cumprimentalo”.
Xan Carballal engade que “coma en anos anteriores, as especialidades da escola de música son: corda fretada, guitarra, piano, vento madeira, vento metal, percusión e canto, e diversas agrupacións coma orquestra, banda, coro e grupo...
leer másA Escola de Maiores do Concello de Xove segue en activo dende os domicilios. A Educadora Familiar, Angélica Casabella, elabora material cada 10 días para cada persoa participante, que é entregado a domicilio polo vixiante municipal.
Entre o material entregado inclúense fichas de língua, matemáticas, atención e concentración, estimulación cognitiva e memoria
Deste xeito, a Escola de Maiores continúa coas súas actividades, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e o envellecemento activo dos seus participantes, así como a oportunidade de desenvolver a súa creatividade, aptitudes e habilidades.
O Cámping A Gaivota de Barreiros traballa para poñer en marcha unha escola de surf e unha surf camp para estes deportistas (aloxamentos singulares para surfistas). O propietario destas instalacións, Celso Dourado, anuncia que este proxecto verá a luz en setembro.
Dourado explicou que “dende o Cámping A Gaivota levamos un tempo traballando na creación dunha escola de surf e paralela a ela a creación dunha surf camp, que serían unha serie de aloxamentos na súa maioría móbiles pensados única e exclusivamente para os surfistas”.
O xerente e propietario do Cámping A Gaivota, de Barreiros, dixo que “é unha idea que nos estivo a roldar durante os últimos anos, dada a enorme afluencia de surfistas que temos no noso cámping porque xusto diante del se dan as condicións idóneas para a práctica deste deporte. Son un pouquiño...
leer másPoderán participar todos os nenos e nenas empadroad@s no Concello de Burela, nad@s entre os anos 2001 e 2009 e é obrigatorio saber nadar. As fichas de inscrición entregaranse no Concello o vindeiro luns, 24 de xuño, e o martes 25 en horario de 11:00 a 13:00 horas. O 27 de xuño farase pública a lista de admitid@s para cada grupo no Concello e na súa páxina web.
O número de prazas para cada un dos catro grupos é de dez, polo que en total ofértanse 40 prazas. A adxudicación farase por rigorosa orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos.
As actividades desenvolveranse do 9 de xullo ao 30 de agosto, agás a cuarta semana de xullo e a terceira de agosto que non haberá paddle surf. Esta escola desenvolverase na praia de Portelo, ás 10:30 e 11:30 horas. O material necesario para realizar a actividade correrá a...
leer másA Escola de Música Arcadio Mon, de Foz, celebra o festival de fin de curso este sábado 22 de xuño.
Os actos terán lugar, na Sala Bahía de Foz, a partires das 18:30 horas.
Haberá actuacións de música e movemento coa Aula Coral, a Prebanda e a Orquestra de Jazz.
A ESMU no Cole é unha iniciativa posta en marcha pola Escola de Música Arcadio Mon de Foz na que ofrecerá varios concertos en distintos centros educativos do municipio, dos días 14 ao 19 de xuño.
O venres, día 14, a ESMU actuará no Colexio Nosa Señora do Pilar. O luns 17 estará no CEIP Fondo Nois, e o martes 18 ofrecerá un concerto no CEIP O Cantel.
A ESMU rematará esta serie de actuacións o mércores 19 no CEIP nº1 e no Colexio Martínez Otero.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza unha nova quenda de actuacións nas que participarán diferentes especialidades. Esta actividade terá lugar entre os días 1 e 5 de abril ás 20:00 horas na propia Escola agás a do martes 2, de música tradicional, que será no Teatro. A entrada ás mesmas é gratuíta.
O luns, 1 de abril, será a audición de piano; o día 2 a de música tradicional; o día 3 a de clarinete, frauta e saxofón; o xoves, 4 de abril, será a audición de guitarra e o venres a de percusión.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza actuacións nas que participarán diferentes especialidades das que se imparten no centro. Esta actividade terá lugar entre os días 18 e 21 de marzo ás 20:00 horas na propia Escola. A entrada ás mesmas é gratuíta.
O luns, día 18, será a de Canto. O mércores 20 será a de Acordeón e Corda e o xoves, 21 de marzo, terá lugar a audición de Vento metal.
O responsable da EMMeD de Ribadeo, Hugo García Presno, sinalou que “o obxectivo destas actuacións é que o alumnado toque en público, incluso aqueles que están comezando, que vaian perdendo o medo ao escenario e que amosen o traballo feito ao longo do curso”.
As audicións veñen formando parte ao longo dos últimos anos da programación académica da EMMeD de Ribadeo. Proba disto é que...
leer másMañá, xoves, terá lugar o Festival da Escola Municipal de Música de Burela. Será na Casa da Cultura ás 20:00 horas.
O director da Escola, Xan Carballal, explica que “coma ven sendo habitual nestes últimos anos este xoves ás oito da tarde a Escola Municipal de Música de Burela organiza un festival no auditorio da Casa da Cultura, co que se pretende unir por unas horas ao alumnado que está a cursa estudios nesta institución co seu público, sendo a entrada a este acto gratuíta”.
Carballal indicou que “nesta ocasión, e coma non podía faltar, comezará cos alumnos de menor idade cos grupos de formación básica e coro infantil para continuar coa orquestra infantil. Un segundo bloque estará dedicado á aula de canto coa onde intervirán os alumnos desta especialidade”.
E engadiu: “a parte dos...
leer más