Cursos

Etiquetas:
24/09/2021

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (Apaga) presentou a súa oferta formativa para o último trimestre deste 2021. Son un total de 6 cursos, que foron organizados atendendo á demanda das empresas da zona. O primeiro, sobre eléctrodo revestido, terá lugar os días 2 e 3 de outubro. 

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, dixo que “para o último trimestre do ano desde a asociación Apaga presentamos unha serie de accións formativas, enfocadas tendo en conta as demandas das empresas e as necesidades de xente formada. Hai dous bloques: no primeiro están os cursos de soldadura, tanto de eléctrodo revestido como de sistema Mig-Mag e Tig, ademais doutras tres accións, que son cursos de tubaxe industrial, de soldadura de aluminio e de calderero”. 

Doural explicou que “son accións sumamente demandadas polas...

leer más
Etiquetas:
07/09/2021

Normativa pre inscripción:

1- Natación infantil ofertase para nen@s nados entre 2016 e 2017, mentres que natación nenos para os nados entre  2008 e 2015. As escolas ofertaranse para os nados entre 2015 e 2006
2- A pre-inscrición ó comezo do curso farase de maneira presencial ou telefónica , e posteriormente sortearanse as prazas. Cada neno poderase pre-anotar nun único grupo e asignaráselle un número no momento da pre-inscrición  informando do total de prazas ofertadas para  o posterior sorteo.
Será preciso facer unha proba de nivel co fin de asignar a cada alumno no grupo correspondente .
3- Datas: As datas de preinscrición e de comezo de curso faranse públicas na instalación e demais medios de comunicación locais, con  antelación suficiente ó inicio do correspondente trimestre.
Para o primeiro trimestre o prazo de...

leer más
Etiquetas:
15/08/2021

O Concello de Cervo programa un curso de primeiros auxilios que se celebrará o 17 de agosto de 16 a 21 horas na Casa da Cultura en San Ciprián. E un curso de manipulador de alimentos que terá lugar o 18 de agosto de 17 a 21 horas tamén na Casa da Cultura de San Ciprián. 

Ambos son de balde. Prazas limitadas. Os dous cursos poden facerse de xeito independiente. 

As persoas interesadas poden anotarse vía whatsapp no 691 656 600 ou enviando un correo electrónico a dinamizacion@concellodecervo.com

 

Etiquetas:
22/06/2021

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) organiza unha serie de actividades que se desenvolverán durante o verán, entre as que se atopa o X Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que se celebrará a finais de agosto. O día 26 de xuño comezará un curso de diagnose de vehículos con osciloscopio e posteriormente terán lugar outros de soldadura e de vídeo.

O presidente de APAGA, Álvaro Doural, contou que “imos iniciar outra vez toda unha serie de actividades, de aquí a finais de agosto que teremos o X Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos con importantes novidades. Vai haber unha incorporación bastante importante de socios europeos. Estamos en negociacións, bastante avanzadas, cun técnico de Ferrari, que non sei se vai estar presente de xeito presencial ou a través de vídeo conferencia participando nese...

leer más
Etiquetas:
26/05/2021

O Concello, dentro do programa de transformación dixital Reinicia Ribadeo, abre o prazo para anotarse aos cursos de formación práctica en materia de transformación dixital. 

Trátase dunha formación presencial e grupal práctica, que abarcará as seguintes áreas de transformación dixital: visibilidade e posicionamento na rede, comercio electrónico, fidelización de clientes e sistemas de planificación de recursos (ERPS).  

A formación terá lugar na aula CEMIT de luns a xoves ao longo durante o mes de xuño. A duración de cada curso será de 2,5 horas. 

Desde a Área de Desenvolvemento Local explican que “a convocatoria está aberta ás persoas autónomas e micropemes asentadas en Ribadeo, con independencia da súa actividade e sen ningún custo económico. Aceptaranse solicitudes por orde de chegada...

leer más
07/05/2021

O Concello pon en marcha Reinicia Ribadeo, o programa de transformación dixital para empresas locais, que inclúe formación gratuíta. O prazo de inscrición está aberto ata o 14 de maio. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “como resposta á necesidade xeral de levar a cabo a dixitalización dos negocios, acentuada polas medidas restritivas do último ano, que tiveron un gran impacto económico, o Concello de Ribadeo presenta un programa de acompañamento e apoio para a transformación dixital das empresas locais, Reinicia Ribadeo”.

O proxecto está formado por tres elementos clave para a transformación dos negocios locais: asesoramento individualizado, formación práctica e novas canles dixitais de apoio, onde se compartirá información sobre a dixitalización e se poderán consultar dúbidas ao...

leer más
Etiquetas:
24/04/2021

O Concello de Viveiro, xunto á asociación de alumnado adulto do Conservatorio de Música de Viveiro e ao propio centro, organizan un curso gratuíto de iniciación á música, dirixido a persoas adultas sen coñecementos musicais previos. 

A formación impartirase durante o mes de maio e pretende achegar ao mundo da música a aquelas persoas con inquietudes musicais que non tiveron a oportunidade de acercarse anteriormente. 

As prazas para o curso serán limitadas e a matrícula deberá realizarse entre o 26 e o 29 de abril nas oficinas do Conservatorio de Música ou chamando ao teléfono 982560486.

A Asociación de Alumnado Adulto do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro Melomanía, que preside Mario Vale, é unha asociación musical viveirense sen ánimo de lucro que imparte clases de música...

leer más
Etiquetas:
18/04/2021

O Concello de Viveiro, a través do Conservatorio Profesional de Música, oferta durante o mes de maio cursos gratuítos de diferentes especialidades para facilitar un primeiro achegamento á musica aos mais pequenos, co fin de fomentar neles o gusto por esta arte que tanto arraigo ten no municipio.

“A promoción e formación cultural é para nós unha prioridade de goberno e queremos iniciar aos nenos e nenas na música, o teatro ou a lectura desde idades moi temperás cunha ampla programación”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Haberá un Curso de Iniciación Musical, dirixido a nenos/as nados/as no ano 2014, baseado na idea de aprender xogando a través de diversas actividades musicais; e un Curso de Iniciación ao Instrumento para os instrumentos de frauta traveseira, gaita, saxofón, trombón, trompa, trompeta...

leer más
Etiquetas:
26/02/2021

La UNED-Aula Universitaria informa que continúa abierto el plazo de matrícula del segundo cuatrimestre en la UNED hasta el 10 de marzo. Periodo habilitado para Grado, Microgrado y Máster.  

Se habilita este segundo período de matrícula para todas las asignaturas del segundo cuatrimestre de los estudios de Grado, Microgrado y la mayoría de los Máster Oficiales. 

Esta opción se dirige a estudiantes no matriculados anteriormente y a quienes quieran ampliar asignaturas.  

Quienes deseen participar en la prueba libre de Acceso a la Universidad para Mayores de 25 o 45 años, el plazo de matrícula se extiende hasta el 15 de marzo.  

En esta convocatoria sólo se admite la modalidad de pago único. 

La UNED-Aula Universitaria de Foz pone en marcha...

leer más
Etiquetas:
02/02/2021

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) organiza esta fin de semana, os días 6 e 7 de febreiro, un curso de aparatos de medida: directa, por comparación e en electricidade. O día 20 de febreiro terá lugar outra actividade destinada a persoas que están pendentes de presentarse a unha oposición e os días 27 e 28 impartirán un curso sobre aerografía e as aplicacións que ten no mundo do automóbil, das motocicletas ou dos monopatíns. A inscrición está aberta e o número de prazas é limitado.

O presidente de APAGA, Álvaro Doural, anunciou que “esta fin de semana, o sábado e o domingo, está previsto facer un curso sobre aparatos de medida mecánicos e eléctricos. Sempre coas condicións que regula o covid de separación adecuada, ventilación, etc…”. Na cita abordaranse cuestións como o calibre en mm e pulgadas, o calibre de...

leer más