Cursos
O Concello de Burela organiza cursos de bordado e de bolillos. Comezarán os días 17 e 18 de outubro.
O Concello de Burela organiza cursos de bordado e de bolillos. O de bordado dará comezo o 17 de outubro e rematará o 17 de abril. Impartirase na Casa da Xuventude os luns e os mércores de 10 a 13 horas ou de 17 a 20 horas. Ao inscribirse no CIM as persoas asistentes poderán elixir quenda e día.
E o curso de bolillos será do 18 de outubro ao 16 de marzo. Tamén será impartido na Casa da Xuventude. O horario para elixir día e quenda será os martes e os xoves de 10:30 a 13:30 horas ou de 16:30 a 19:30 horas.
O prezo da matrícula en ambos casos será de 30 euros.
O Concello de O Vicedo acollerá na Aula Cemit, situada na Casa da Cultura, cursos gratuítos de mecanografía, informática e ofimática para nenos/as maiores dos 7 anos.
Os cursos faranse en varios grupos. O primeiro será de mecanografía e informática para nenos de 7 a 9 anos. Realizarase en horario de 10:30 a 11:30 horas os luns, martes e xoves, e de 11:30 a 12:30 horas os xoves.
O segundo grupo será de mecanografía e ofimática para nenos de 9 a 12 anos. Realizarase en horario de 11:30 a 12:30 horas luns e mércores e de 12:30 a 13:40 horas mércores e xoves.
Quedan poucas prazas dispoñibles. Para inscribirse ou para máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 982 590 195
O Concello de Viveiro informa dos cursos deportivos para o próximo mes de xullo. Para os adultos ofértase unha ampla variedade de actividades, mentres que a rapazada poderá gozar de cursos de iniciación á natación.
Dunha banda, os nenos/as nados entre os anos 2013 e 2017 poderán inscribirse nun curso de iniciación á natación. As persoas interesadas poderán escoller entre o grupo de luns e mércores ou o grupo dos martes e xoves. A rapazada dividirase en quendas en función da súa idade.
Doutra banda, o Concello de Viveiro oferta variadas actividades para adultos durante o mes de xullo. Concretamente, ofértanse actividades de aquagym, intervalos, TRX, ciclo indoor e natación (niveis iniciación, medio e avanzado). Cada actividade ten o seu propio horario, con dous días á semana.
As persoas...
leer másA Aula CeMIT, do Concello de Ribadeo, impartirá dous cursos presenciais os días 15 e 16 de xuño.
O día 15 terá lugar o curso sobre Pagos en Internet. Falarase sobre como facer pagos a través da banca electrónica, pagos en comercios electrónicos, a través de PayPal, con exemplos de usos cotiáns.. Tamén se explicará a seguridade que hai que ter con estes sistemas así como recomendacións ou consellos para non caer en posibles estafas.
E o día 16 será o curso sobre APP`s sobre relatos e audiolibros, que hoxe en día están acadando maior mercado. Explicarase como descargar libros nos dispositivos e a procura de diferentes temáticas. Introducirase aos asistentes tamén ao mundo sobre relatos en chat e informarase do seu uso.
Calquera dúbida poderá ser despexada no mesmo curso mediante roldas de...
leer másSe trata del Grado en Ingeniería de la Energía, el Grado de Educación Infantil y el Grado de Ciencias Ambientales.
-El Grado en Ingeniería de la Energía, nace para hacer frente a los retos tecnológicos, formando a los futuros ingenieros en materias de sostenibilidad, eficiencia global, ética profesional y cuantos elementos que permitan a particulares, empresas e instituciones instaurar políticas energéticas de ahorro, sostenibilidad y racionalidad en la generación y el uso de la energía.
-El Grado de Educación Infantil, está destinado a formar especialistas en educación de niñas y niños escolarizados entre los 0 a los 6 años, contribuir al desarrollo integral y armónico del alumnado en todas sus dimensiones: física, emocional, sexual, afectiva, social, cognitiva y artística, potenciando la autonomía personal y...
leer másConcluyeron en Ribadeo los cursos de formación en hostelería, que se celebró el 30 de abril y el 7 de mayo, y el de diagnosis de vehículos, que tuvo lugar el sábado y domingo en las instalaciones Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia).
La actividad formativa de Apaga seguirá en las próximas semanas. Para los días 11 y 12 de junio está programado un curso sobre soldadura mig mag y los días 19 y 20 de junio otro sobre climatización en el automóvil. Y prepara también un curso sobre drones.
Álvaro Doural, el presidente de Apaga, cuenta que “vamos a continuar ahora con más intensidad con otros cursos. Uno sobre drones en el que va a permitir sacar la titulación necesaria para volar con dron, uno de soldadura mig mag y otro sobre climatización en el automóvil. Además ya estamos preparando el Fórum...
leer másO Concello de Viveiro, en colaboración co Conservatorio Profesional de Música, oferta durante o mes de maio cursos gratuítos de diferentes especialidades. A iniciativa busca facilitar un primeiro achegamento á musica aos mais pequenos/as, coa fin de fomentar neles o gusto por esta arte, que tanto arraigo ten no Concello de Viveiro.
Impartirase un curso de Iniciación Musical, dirixido a nenos/as nados/as no ano 2015, baseándose na idea de aprender xogando.
Tamén se impartirá un curso de iniciación ao instrumento de: Clarinete, Frauta Travesa, Gaita, Saxofón, Trombón, Trompa, Trompeta, Tuba e Violonchelo. O curso está dirixido a nenos/as de entre 8 e 14 anos e supón un primeiro contacto con estas especialidades instrumentais para nenos/as sen coñecementos musicais.
O prazo de matrícula...
leer másO Concello de Alfoz organiza para os seus veciños e veciñas cursos gratuítos e en grupos reducidos para aprender a utilizar o móbil.
Comezarase con cursos de nivel básico e logo de nivel avanzado, todos en 2 sesións de 1 hora e media, o luns e o mércores na Casa da Cultura. Hai 2 horarios para elixir, o primeiro de 17:00h a 18:30h e o segundo de 18:45h a 20:15h.
As persoas interesadas poden anotarse na Casa do Concello (Oficina de Rexistro) ou chamado ao 982 558 001 (ext.3). Para máis información poden chamar ao 982 558 001 (ext.2 Arantxa).
Tamén van facer un curso para manexarse co certificado dixital, as sedes electrónicas, subvencións, etc. dirixido ás Asociacións e Clubs do Concello. Os interesados deben poñerse en contacto no 982 558 001 ext. 2
A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia organiza en Ribadeo varios cursos para a construción atendendo á demanda laboral das empresas do sector. O presidente, Álvaro Doural, subliñou que serán cursos prácticos de 16 horas de duración cada un e estarán centrados en preparación de masas, na colocación de ladrillos, de alicatados e de solos de cerámica. O prazo de inscrición está aberto ata o 26 de novembro.
Doural explicou que “este é un novo proxecto, dando resposta ás necesidades que ten este sector produtivo. Son cursos de pouca duración pero moi especializados, que se desenvolverán en catro fins de semana, cunha duración de 16 horas cada un. Comprenderán cuestións básicas pero que son fundamentais, como preparación de masas, colocación de ladrillo, solado e alicatado”.
O presidente de Apaga dixo...
leer más