A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza o seu tradicional concurso para elixir á raíña e ao rei do vindeiro Entroido 2015. Dende este organismo comunican que poderán participar na elección todos os candidatos que teñan máis de 18 anos e presenten antes do venres 21 de novembro a documentación requirida nas dependencias da Delegación de Cultura, que están na Casa do Concello. Os interesados deberán aportar unha folla acreditativa cos seus datos persoais, dúas ou máis fotografías recentes e un documento no que expliquen brevemente cales son os motivos que os levan a querer ser rei ou raíña destes festexos.
Esta elección, coma en anos anteriores, culminará coa proclamación dos gañadores nunha cea especial organizada polo propio Concello. Ademais, animan a participar e informarse a través do teléfono 982.14.00.27.