A Casa da Cultura de Foz acollerá o vindeiro mércores, 16 de novembro, un taller de emprendemento e creatividade tecnolóxica. Será a partires das 13:30 horas.
No evento, que abordará a innovación, o emprendemento, a renovación e a consolidación comercial coma eixos fundamentais no presente e no futuro do tecido comercial, participarán como ponentes: Sol Vázquez, directora xeral de Comercio; María Montserrat Rodríguez, inspectora do Instituto Galego de Consumo; Miguel Ángel Bermúdez e Olalla Román, de Medio de Pago e Desenrolo de Negocio de ABanca; e Susana Basanta, de Vagaluz.
Neste taller de emprendemento e creatividade tecnolóxica tamén se darán cita José Mª Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio; e José Carlos Paleo, presidente do Centro Comercial Aberto de Foz. Na cita “aportaranse medios na procura da excelencia que queremos que sexa o rasgo diferenciado do noso comercio, o comercio galego”.
Este obradoiro está organizado pola Federación Galega de Comercio e pola Xunta de Galicia, que contan coa colaboración do Centro Comercial Aberto de Foz.