Do 19 de outubro ao 3 de novembro poderase visitar na Oficina de Turismo ribadense a exposición “Un percorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego”

O vindeiro sábado, 19 de outubro, terá lugar a inauguración da exposición “Un percorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego. Memoria viva, lingua viva”.  Será ás 12 do mediodía na Oficina de Turismo onde esta mostra poderá visitarse ata o 3 de novembro. 

Está organizada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo e do Concello de Ribadeo.