Carme
01/07/2016
O ex alcalde de Foz José María García Rivera será o pregoeiro das Festas do Carme da vila, que comezarán o día 14 de xullo.
O actual rexedor focense, Javier Jorge Castiñeira, anunciou hoxe que “iniciado o mes de xullo toca anunciar por parte do Concello de Foz e en nome tamén da comisión organizadora das Festas do Carme 2016 que o pregoeiro será José María García Rivera, que foi alcalde de Foz durante 16 anos”.
Javier Castiñeira explicou que “entre a comisión e o propio equipo de goberno pensamos que era lóxico e de xustiza que unha persoa que dedicou dezaseis anos ao servizo do pobo como alcalde debe ter un recoñecemento. Unha festa tan importante para Foz, como é a do Carme, sabemos que...
leer más 20/06/2016
O programa de 2016 inclúe actividades como teatro, concerto de corais, unha carreira solidaria e concertos de música entre outras actividades.
A comisión das Festas do Carme de San Ciprián deu a coñecer o programa completo dos festexos patronais, que inclúe actos dende o día 7 ao 17 de xullo e pensados para todos os públicos. Deste xeito, hai actividades para público infantil, para a mocidade e para os adultos. O día 7 comeza coa actuación do Grupo de Teatro “O BORDELO” de Cervo e o día seguinte segue coa actuación do Grupo de Teatro “ARDORA” de San Ciprián, as dúas actuacións terán lugar no auditorio da casa da cultura ás 21:00 horas. O sábado 9 de xullo a Asociación de animais Coletiñas organiza unha carreira solidaria que...
leer más 07/07/2015
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, vén de presentar o programa das Festas do Carme 2015, organizadas pola asociación Sempre Foz e polo propio Concello. As festas comezan o día 13 de xullo de durarán até o 18 cun programa repleto de actividades musicais, xogos infantís e a tradicional alfombra floral que acompaña á procesión da Virxe. O alcalde subliña que outros eventos desta fin de semana servirán de antesala á festa: “durante esta fin de semana vanse celebrar moitas actividades ligadas á propia festa do Carme. Podemos falar da décima edición de Sons da Rúa e do Festival Vrao, que é un festival galego de música independente que terá lugar durante toda esta fin de semana. Temos as horas de fútbol sala tamén e moitas outras actividades paralelas ás festas”.
...
leer más