Apoio

Etiquetas:
19/05/2020

O Concello de Burela iniciou unha campaña de apoio ao comercio local, que leva a cabo nos medios de comunicación e nas redes sociais co obxectivo de potenciar as compras nos negocios locais. O slogan desta campaña é Compra en Burela. O comercio que te guía, aberto.

O concelleiro de Comercio e Turismo, Ramiro Fernández Rey, comentou que “onte empezamos unha potente campaña para axudarlle á hostalería e ao comercio local e que estamos desenvolvendo en diferentes medios. É unha solicitude que nos fixo a asociación de comerciantes nas reunións que vimos mantendo semanalmente con eles, entre outras cousas, esta era unha das que solicitaban, e desde logo o Concello de Burela, en todo o que poida, vai estar aí axudando ao tecido comercial e hostaleiro do pobo”.

O edil burelés explicou que “comezou onte e é unha campaña...

leer más