O Concello do Valadouro celebra a XXXVII edición da Semana do Teatro Amador desde este domingo, 3 de setembro, ata o xoves 7. Todas as representacións será ás 22:00 horas no salón de actos do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo. A entrada é de balde e a apertura de portas será media hora antes de cada evento.
O domingo 3 A Adala, de Fazouro, ofrecerá a obra Marina Club. Ao día seguinte o Torques, de Burela, representará O Randiña. O martes 5 Metátese Teatro, de Palas de Rei, porá en escena Ao carón das palabras. O mércores 6 Os Pícaros de Lagoa (Alfoz) presentará Era boa se colabora. E rematará o ciclo xoves 7 co grupo 57 Palabras, de Viveiro, e a obra A fuga.