Cursos
A asociación Bruar organiza a décima edición do curso de Iniciación ao Jazz, Improvisación e Música Moderna de Ribadeo que se desenvolverá dos días 29 e 31 de xullo.
A actividade, que terá lugar na Escola Municipal de Música e Danza, será impartida por Javier Constenla ao piano, Gileno Santana á trompeta, José García ao saxofón, Aurora Arteaga á voz, Virxilio Da Silva á guitarra e Chus Pazos á batería.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no número de teléfono 677 734 084.
Colaboran na organización deste curso: Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, amósase satisfeita de que Ribadeo retome as Xornadas Mar por Medio, que se celebrarán do 16 ao 18 de setembro na vila.
Otero Cabarcos declarou que “no Concello de Ribadeo estamos encantados de poder recuperar as Xornadas Mar por Medio, que terán lugar no auditorio municipal Hernán Naval o vindeiro mes de setembro. Desde o Concello sempre apoiamos estas iniciativas históricas e culturais”.
A Academia Xacobea, en colaboración coa Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago, a Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo, organiza as XVII Xornadas Xacobeas Mar por Medio nas que estará presente e participará como conferenciante o hispanista británico John Rutherford, impulsor e difusor desta cita en anteriores edicións.
A inscrición para asistir ás...
leer másO Concello de O Vicedo acollerá na Aula Cemit, situada na Casa da Cultura, cursos gratuítos de mecanografía, informática e ofimática para nenos/as maiores dos 7 anos.
Os cursos faranse en varios grupos. O primeiro será de mecanografía e informática para nenos de 7 a 9 anos. Realizarase en horario de 10:30 a 11:30 horas os luns, martes e xoves, e de 11:30 a 12:30 horas os xoves.
O segundo grupo será de mecanografía e ofimática para nenos de 9 a 12 anos. Realizarase en horario de 11:30 a 12:30 horas luns e mércores e de 12:30 a 13:40 horas mércores e xoves.
Quedan poucas prazas dispoñibles. Para inscribirse ou para máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 982 590 195
A piscina municipal do Concello de Cervo acollerá un curso de apnea impartido por AIDA, a Asociación Española de Apnea. O curso é específico para persoas xa familiarizadas co surf ou a pesca submarina. Tratará a mellora da confianza, a respiración, relaxación, minimización de esforzos baixo a auga… Tamén ensinará a usar máscara e tubo, a aletear correctamente e a controlar a flotabilidade e o peso para reducir o cansanzo.
O curso terá lugar os días 15, 16, 17, 22, 23 e 24 de xullo. As prazas son limitadas. As persoas interesadas en acudir poden inscribirse ou recibir máis información no teléfono +41786723581 ou no correo electrónico contact@freedivexperience.com
A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá o 8 de xullo un curso presencial sobre ciberseguridade.
A Aula CeMIT de Ribadeo acollerá un curso presencial o vindeiro venres, 8 de xullo, de 10:30 a 12:00 horas, sobre Ciberseguridade.
No mesmo abordaranse cuestións como: Protexerse dos ciberataques; Análise dun caso real de ciberataque, abordando os obxectivos que se perseguen, así coma os mecanismos para detectalos; e Repaso das principais estafas ás que unha persoa se ve exposta no mundo en liña e os principais mecanismos para previlas.
O curso gratuíto é apto para todas as idades. As persoas interesadas en asistir poden anotarse no teléfono 982120732 ou no correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal
A vindeira fin de semana, os días 2 e 3 de xullo, Apaga impartirá nas súas instalacións, en Ribadeo, un curso de soldadura mig maG. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia prepara para agosto un campus de mecánica do automóbil. A inscrición está aberta.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, contou que “continuando coas actividades de formación esta fin de semana terá lugar un curso de soldadura mig mag, que se combinará cos outros tipos de soldadura de electrodo, tig… será nas nosas instalacións e vaise impartir tanto o sábado coma o domingo de dez da mañá a oito da tarde e contará coa asistencia de 10 persoas”.
Doural subliñou que “temos varias citas pendentes durante o verán. En xullo terá lugar o curso de corte de xamón, que será impartido por Jorge Díaz, o mellor cortador de España. E teremos o...
leer másEl Departamento de Edificación y Obra Civil del Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, organiza una jornada de puertas abiertas para este jueves, día 30, de 10 a 17 horas. En esta actividad se ofrecerá formación y demostraciones de las últimas novedades en productos, maquinarias y sistemas de aplicación. La participación es libre y gratuita y los asistentes compartirán un aperitivo.
El jefe del Departamento de Edificación y Obra Civil del CIFP Porta da Auga, José Méndez de Andés, explica que “para esta jornada de puertas abiertas contamos con la colaboración de la empresa Pinturas Tor, que aparte de venir con sus diferentes productos y novedades que tienen, traen otras tres firmas, que nos van a presentar y hacer demostraciones de maquinaria e instalaciones de diversos tratamientos, así como una...
leer másO Concello de Viveiro informa dos cursos deportivos para o próximo mes de xullo. Para os adultos ofértase unha ampla variedade de actividades, mentres que a rapazada poderá gozar de cursos de iniciación á natación.
Dunha banda, os nenos/as nados entre os anos 2013 e 2017 poderán inscribirse nun curso de iniciación á natación. As persoas interesadas poderán escoller entre o grupo de luns e mércores ou o grupo dos martes e xoves. A rapazada dividirase en quendas en función da súa idade.
Doutra banda, o Concello de Viveiro oferta variadas actividades para adultos durante o mes de xullo. Concretamente, ofértanse actividades de aquagym, intervalos, TRX, ciclo indoor e natación (niveis iniciación, medio e avanzado). Cada actividade ten o seu propio horario, con dous días á semana.
As persoas...
leer másEl próximo lunes, 27 de junio, dará comienzo la novena edición de la Escuela de Minitalentos de Academia A Mariña, en Burela.
Se trata de un programa de desarrollo infantil para fomentar el talento de las niñas y de los niños desde los 3 a los 13 años (infantil y primaria). Es un proyecto pionero en Galicia en el que se trabajan las inteligencias múltiples, la creatividad, la motivación y el trabajo en equipo. El horario de apertura de la escuela es de 8 a 15 horas con la intención también de facilitar la conciliación laboral y familiar en la época estival.
Se centra en dos franjas de edad Escuela A (de 3 a 7 años) y Escuela B (de 8 a 13 años), acorde con la psicología evolutiva infantil, ya que cada escuela necesita una atención especial y la forma de aprender varía según la edad. Los asistentes trabajarán la...
leer másAPAGA organiza un curso de corte de xamón que será impartido por Jorge Díaz, o mellor cortador de España. As persoas interesadas poden obter máis información en apagaribadeo@gmail.com ou nos teléfonos 639 884 945 e 629 096 711. As prazas son limitadas.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, explicou que “é unha nova iniciativa que se plantexa no tema de hostalería a petición dalgúns profesionais do sector. Aínda non ten data, pero prevemos que posiblemente se faga no mes de xullo. Hai xa unha serie de xente apuntada e tampouco vai ser un grupo moi numeroso, sobre oito persoas, entón está practicamente completo. Esa é unha das iniciativas que se plantexan para o verán”.
Doural sinalou que “cursos como este de corte de xamón son iniciativas a petición de empresas e...
leer más