A aula CEMIT barreirense acolle dende hoxe un curso sobre administración electrónica. A actividade impartirase ata o 22 de xaneiro, en horario de 16 a 20 horas.

A aula CEMIT barreirense acolle dende hoxe un curso sobre administración electrónica. A actividade impartirase ata o 22 de xaneiro, en horario de 16 a 20 horas.

 

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Barreiros acollerá a partir da vindeira semana un curso sobre administración electrónica. A actividade comezará hoxe, luns 12 de xaneiro, e continuará impartíndose ata o 22 deste mes, en horario de tarde de 16:00 a 20:00 horas. Os interesados poden solicitar máis información ou realizar as súas inscricións na propia Aula Cemit de Barreiros, situada na estrada da praia no 1 (Teleclube San Cosme), no teléfono 639 87 66 71 ou a través do enderezo electrónico cemit.barreiros@xunta.es.

Segundo adiantou Manuel Pérez, axente TIC no Concello de Barreiros, "esta acción formativa está dirixida a difundir a oferta de servizos telemáticos da administración electrónica, dispoñible a nivel local, autonómico e nacional. Con ela queremos sensibilizar á poboación sobre como deben actuar en temas de identidade dixital, uso do DNI electrónico e realización de trámites electrónicos seguros. En especial, a todos aqueles colectivos máis afastados do desenrolo da Sociedade da Información, para explicarlles cales son as vantaxes do uso destes servizos".