Quinteto
23/04/2016
Este domingo, día 24 de abril, ás 20.00 horas, o quinteto Zoar presentará no auditorio “Pascual Veiga” o seu novo disco. O traballo, cuxos arranxos estiveron a cargo de Juan Durán, leva por título “No vento”. No acto os integrantes do quinteto Zoar interpretarán algunhas das obras que forman parte deste traballo.
O disco inclúe un variado repertorio que vai dende Martín Codax (en cuxos premios o quinteto é finalista) ata música do grupo Milladoiro.
O quinteto Zoar fórmano Joan Ibáñez (flauta), David Vila (oboe), Antonio Suárez (clarinete), Benxamín Igrexas (trompa) e Álex Salgueiro (fagot). Iniciou o seu andadura en 2009, actuaron nos principais...
leer más