Obra
O vindeiro sábado, 12 de xuño, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura, dentro do programa Ciclo Gargalladas da Deputación de Lugo, o Grupo de Teatro Os Trocos, de Castro de Rei, presenta “Por un puñado de Grelos”, de Guillermo Cancelo.
A acción transcorre na Terra Cha tendo como límite xeográfico o Río Torto por unha beira e Xustás Town pola outra. Coméntase en Xustás Town, que nun lugar chamado A Escrita, por onde pasa o Río Azúmara, e que está controlado polo pobo dos Valuros, está aparecendo ouro. A Escrita é a única paraxe natural onde se dá a planta sagrada Os Grelos, e un pobo como os...
leer másContinúa a programación de teatro no Concello de Foz. A Concellería de Cultura, en colaboración coa Deputación de Lugo, pon en escena este venres ás 20.30 na Sala Bahía a obra Cinco minutos sen respirar, da compañía Ítaca Teatro.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “é unha obra que retrata os desexos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dúas personaxes: Margarita, unha (ex) empregada de banca; e Víctor, un supervisor de supermercado”.
Con esta obra o Concello de Foz sigue co programa Foz fai Cultura, que busca, malia as circunstancias adversas e a crise sanitaria que estamos a vivir, seguir achegando a cultura de forma segura.
O prezo desta actividade será de 5 euros. Seguiranse todas as medidas anticovid e as entradas reserváranse no número...
leer másO Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá este sábado, 24 de outubro ás 20:30 horas a representación Liberto a cargo de Marela Producións.
A obra conta a historia de Liberto, quen cando nace, frea en seco a vida de Ada. É un canto á vida desde a primeira persoa, interpelando directamente ao público. Unha reivindicación do imperfecto, do humano cun texto e unha proposta formal que falan da vida, do sensorial e instintivo. Un espectáculo que revisa os límites socialmente acordados e un relato de como xestionar a dor e seguir avanzando.
Baixo a dirección e adaptación de Tamara Canosa, o elenco está integrado por Rocío González, Cris Iglesias e Lucía Aldao.
A reserva de entradas pode facerse de luns a xoves de 9:00 a 14:00 horas, no teléfono 982 560 162 ou no correo electrónico...
leer másA compañía Señora Supina representará a obra 5 mulleres que comen tortilla na Sala Bahía, de Foz, este venres, día 23, ás 21:00 horas dentro da programación do Ciclo de Teatro de Outono que organiza o Departamento de Cultura do Concello focense.
Esta obra de teatro comedia, cunha duración de 80 minutos, será representada polo seguinte elenco artístico: Nola Drake, Raquel Ferraz, Alba Outeda, Raquel Crespo e Gabi Modesto.
5 mulleres que comen tortilla é “unha comedia delirante e enxeñosa que transporta ao espectador á América dos anos 50, grazas ao humor e a unha coidada posta en escena totalmente inmersiva. Un búnker esmeradamente decorado no que se integra ao público desde que entran pola porta asignándolles un nome. Cada un dos espectadores é unha máis das irmás, unha máis das viúvas convidadas ao concurso de tortillas da Susan B....
leer másO grupo teatral O Centiño de San Martiño actuará este sábado, 5 de outubro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro.
O Centiño porá en escena El Guindilla, a historia dun superhéroe amante de facer xustiza e axudar aos débiles e oprimidos. El Guindilla é tamén un héroe fallón e metepatas que tan pronto as dá como as recibe. Os espectadores poderán ademais visitar os estudos de televisión de Teleparrucha, cantar as cancións de Jacky e Pinky e rirse coas pallasadas dos ladróns Triquiñuela e Carajillo.
O grupo de teatro Andanzas de Viveiro actuará este sábado, 30 de marzo, en San Ciprián. A representación terá lugar na Casa da Cultura, a partires das 20:00 horas.
Andanzas porá en escena El caso de la mujer asesinadita, obra de Miguel Mihura e Álvaro de Laiglesia, que narra a historia de Mercedes, quen un día ten un soño no que un matrimonio irrompe na súa casa, acompañado dun indio sioux. No diálogo que se establece, o matrimonio recoñece ter asasinado a anterior esposa do home. Ao espertar, Mercedes dáse conta que o home casado do soño non é outro que o seu propio marido.
Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo.
A antiga escola de Fazouro acolle este sábado, día 3, ás 20:00 horas unha representación teatral a cargo do grupo O Centiño, de San Martiño, que ofrecerá a obra titulada Zume de Amorodios. A entrada é gratuíta.
Esta actividade, que forma parte do ciclo de teatro afeccionado nas parroquias, está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e agrupación A Adala, de Fazouro.