Cervexa
O Concello de Viveiro celebrará do 3 ao 6 de agosto a 3ª Feira da Cervexa Artesá de Viveiro nos Xardíns de Noriega Varela. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e Lara Fernández Fernández-Noriega, presentaron a iniciativa xunto a representantes da organización, a cargo de La Ruta del Lúpulo. A cita incluirá obradoiros, concertos, xogos populares, así como catas e foodtrucks.
“Este evento diversifica a oferta cultural e gastronómica da nosa vila, especialmente na tempada de verán, engadindo un novo atractivo turístico para as persoas que nos visitan”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Na cita, poderán probarse ata 60 tipos de cervexas artesás, ademais da cervexa local “Xistral”, que colabora na organización do evento.
Á experiencia gastronómica, súmase unha importante...
leer másA cadea hostaleira Galipizza, con orixe na Mariña Lucense, ven de ser recoñecido a través do seu último establecemento como local “Estrella Galicia” do mes de outubro na cidade de Vigo, galardón que cada mes otorga esta compañía cervexeira á empresa que vende máis litros das súas cervexas.
O acto de recoñecemento tivo lugar esta semana nas instalacións deportivas do Celta de Vigo en A Madroa, clube patrocinado por Estrella Galicia, e durante o cal tamén se entrega o premio ao Xogador Estrella Galicia do mes, votado polos afeccionados do equipo celeste nas redes sociais, que en outubro foi para o centrocampista Pablo Hernández, o Tucu.
O xerente de Galipizza, Xose Manuel Vázquez, foi o encargado de entregar o galardón ao xogador, que, á súa vez, regalou para Galipizza unha camiseta oficial do Celta firmada por...
leer más