Audiovisual

13/12/2023

O Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña volve unha vez máis para despedir o ano, e xa van 13 edicións, premiando as inquedanzas artísticas da Mariña, coa organización da Fundación Imdecum e a colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo.

Valéndose do ámbito audiovisual, a iniciativa busca remover a sensibilidade dos mariñáns, a expresión dos seus sentimentos e sensacións sobre A Mariña a través da fotografía.

Nesta edición, coma nas anteriores, estarán dispoñibles dúas categorías. A de Estudantes terá aberta a participación de nove centros educativos de Secundaria da bisbarra comarca mariñá: IES Alfoz-O Valadouro, IES Marqués de Sargadelos, IES Perdouro, IES Monte Castelo, IES María Sarmiento, IES Vilar Ponte, IES Dionisio Gamallo, IES Illa de Sarón e IES de Foz. Na categoría de Asociacións participarán...

leer más
06/12/2021

A Fundación Imdecum convoca a décimoprimeira edición do Festival Audiovisual da Mariña Imaxina 2021, co apoio da Vicepresidencia e Área de Cultura da Deputación de Lugo. O obxectivo é aflorar as inquedanzas culturais dos estudantes e diferentes colectivos da Mariña lucense. As fotografías e vídeos a concurso poden presentarse ata o día 30 de decembro, ás 00:00 horas.

Poderán participar todas aquelas persoas que estean cursando estudos de formación (ESO, ESA, Bacharelato ou ciclos formativos) durante o ano académico 2021-22 nos institutos Monte Castelo e Perdouro de Burela, Dionisio Gamallo de Ribadeo, Marqués de Sargadelos de San Ciprián, Vilar Ponte e María Sarmiento de Viveiro, Illa de Sarón de Xove, Alfos-O Valadouro e Foz. Ademais está dirixido aos usuarios e usuarias da Fundación Eu Son, Axuda ao Enfermo Mental da Mariña e Asociación...

leer más
24/12/2018

O Festival da Mariña Imaxiña 2018 levou ao realizador audiovisual Xaime Miranda ao IE Alfoz-O Valadouro para compartir co alumnado de 4º ESO a súa experiencia cun obradoiro de vídeo.

O estudantado coñeceu máis de preto o proceso de creación dunha curta, seguindo os pasos de presentación da personaxe, aparición do conflito, acción ante o conflito e resolución. A partir de títulos como ‘Hipo’, ‘Invisible’ e ‘Cambio de Notas’ desenvolveron a historia e gravaron as imaxes, para a posterior edición e montaxe.

O obradoiro de Xaime Miranda é o segundo desta oitava edición do Festival Audiovisual da Mariña, que conta co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo. A comezos de mes a fotógrafa Sabela Blanco impartiu outro de fotografía destinado aos usuarios da Fundación Eu Son de Burela. 

...

leer más
Etiquetas:
24/11/2016
Xa está aquí o Imaxina 2016. Ata o 30 de decembro o estudantado da comarca pode presentar as súas visións da Mariña nas categorías de fotografía e vídeo.
 
O Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2016, baixo a organización de Imdecum e o apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo, regresa un outono máis para dar renda solta á creatividade da xuventude da Mariña a través do mundo da imaxe.  
 
Ata o 30 de decembro o estudantado da bisbarra poderá presentar as súas visións da Mariña nas categorías de fotografía e vídeo. A sexta edición da cita, que este ano tan só acollerá fase de concurso, estará aberta para os centros que xa participaron en anos anteriores: Monte Castelo e Perdouro (Burela), Marqués de Sargadelos (San Cibrao), Vilar Ponte (Viveiro), Dionisio Gamallo (Ribadeo), María Sarmiento (Viveiro), Illa de Sarón (Xove), Alfoz-O Valadouro e Foz. Coa chegada de 2017, a Fundación Imdecum fará público o nome...
leer más
Etiquetas:
18/11/2015
Foz e Burela serán os destinos do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015, que organiza Imdecum. A cita volverá aos centros de ensino secundario.
 
O Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015, baixo a organización de Imdecum, volverá aos centros de ensino secundario da Mariña combinando obradoiros de fotografía e vídeo cun atractivo concurso final. Co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo, o festival Imaxiña inclué en 2015 a participación dos IES de Foz e Perdouro de Burela, para que o seu estudantado se achegue ao mundo da imaxe. 
 
A Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña presentou esta mañá o Imaxiña 2015, na súa sede, en Burela. O presidente da entidade, Marcelino Luna Almarza, estivo acompañado polo artista burelao Davi Xino, que apadriñará a quinta edición do festival, coa colaboración do realizador audiovisual focego Manuel Gil.
... leer más