Pista de xeo
A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas instaladas no aparcamento da Avenida Rosalía de Castro.
Ata o 7 de xaneiro será posible patinar sobre xeo. O prezo da entrada é de 5 euros, que quedará en 3 para aquelas persoas que teñan mercado no comercio ou consumido na hostalería local. É obrigatorio levar luvas para acceder á pista, que é apta para todos os públicos.
E os máis pequenos da casa poden gozar tamén desde hoxe de RibaXogo, onde atoparán diferentes atraccións para eles. O prezo neste caso é de 1 euro por atracción.
O horario de apertura da pista de xeo e de RibaXogo será de 16:30 a 21:00 horas ata o 31 de decembro. E do 2 ao 7 de xaneiro abrirá de 12 a 14 horas polas mañás e de 16:30 a 21:00 horas pola tarde.
Os días 24...
leer másA pista de xeo de tamaño XL volverá a Ribadeo un ano máis, e estará instalada no parque de San Francisco do 15 de decembro ao 7 de xaneiro. O prezo da entrada xeral será de 6 euros, aínda que aquelas persoas que consuman máis de 20 euros na hostalería e no comercio locais só pagarán 3 euros presentando os tíckets correspondentes. A novidade deste ano é que para os grupos escolares da comarca, de máis de 10 persoas, establécese un prezo por entrada de 4 euros. Esta mañá tiña lugar a presentación desta actividade organizada polo Concello de Ribadeo e Acisa. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Mocidade, Vanesa Yanes, o presidente de Acisa, David Martínez, e o xerente desta asociación, Jesús Pérez.
O rexedor manifestou que “hai que aproveitar o frío e o Nadal para que Ribadeo se encha de xente, nova e non tan...
leer más