Motonáutica
O Concello de Cervo acollerá os vindeiros 24 e 25 de xuño o campionato de España de Motonáutica por Radiocontrol térmico.
A cita desenvolverase no Encoro de Riocobo, e participarán unhas 35 lanchas procedentes de toda a xeografía española.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Deportes, José Ramón Soto, presentaron o evento acompañados do representante da Federación Galega de Radiocontrol Térmico e único piloto galego que compite, Emilio Cadaveira, e do delegado provincial da federación, José Soto.
Tal e como sinalou Villares “xa é a segunda vez que Cervo acolle unha competición destas características, no 2015 xa fomos sede do Campionato de España de motonáutica por radiocontrol térmico, e cremos que é unha oportunidade para dinamizar e aproveitar dun xeito diferente o noso...
leer más