Xosé Vizoso
13/04/2025
O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, na parroquia de Cabanas (O Vicedo) organiza unha xornada en lembranza ao artista Xosé Vizoso, recentemente falecido. Será o día 19 de abril, sábado.
As actividades comezarán ás 18:00 horas coa proxección da curtametraxe documental titulada Lembrando a Vizoso, de Arraianos producións e tamén haberá un coloquio titulado Xosé Vizoso e Sargadelos, co director do documental, Aser Álvarez
Ademais ás 19:30 horas o colectivo cultural Ollomao, de Barreiros, representará a obra de teatro O traballo de Andrea. Ao remate haberá unha conversa co director e o elenco do espectáculo.
A entrada é de balde para esta xornada organizada pola asociación cultural Volta e Dálle.