Vendaval Fest
O cartel completo do Vendaval Fest 2025, que se celebrará en Ribadeo os días 25 e 26 de xullo, acaba de facerse público e está encabezado polo grupos Lendakaris Muertos, Boikot e Reincidentes. Tamén actuarán The Mothercrow, Aphonic, The Grassland Sinners, Skama La Rede, Sandford Music Factory, Cuarta Xusta, Secta, Rienda Suelta, Mecanica Rollind Band, DJ Tralla e DJ Atómica.
O festival terá lugar no aparcamento situado nas inmediacións da rotonda do bote Juanín e as entradas están á venda na web www.vendavalfest.com.
Dentro do ciclo Concertos no Galiñeiro, vinculado ao Vendaval Fest, o grupo ribadense Beetle Judge e a formación The Ninetines Rock the Machine, de San Sadurniño, actuarán no Cine Teatro de Ribadeo este sábado, día 12 de abril. A apertura de portas está programada para as 22:00 horas.
A entrada anticipada ten un prezo de 8 euros e está dispoñible en www.vendavalfest.com/galiñeiro. Na taquilla custará 10 euros, pero para os menores é gratuíta.
O grupo de death metal melódico Aneuma, da localidade asturiana de Puerto de Vega, actuará en Ribadeo o día 15 de febreiro, sábado, para presentar o seu novo espectáculo.
Será no Cine Teatro ribadense dentro do ciclo musical do Vendaval Fest. A apertura de portas está anunciada para as 22:00 horas
As entradas poden mercarse na web www.woutick.com e na taquilla do Cine Teatro Ribadeo o día do concerto.