Teatro do Miolo

26/11/2024

Este sábado, día 30 de novembro o grupo Teatro do Miolo, de Lugo, representará a obra titulada Saíndo do cerco, na Casa da Cultura de Alfoz ás 20:00 horas.

O Concello de Alfoz anuncia que é “unha comedia para todos os públicos desenvolta cando Suso entra nun centro de maiores. Pensa que por estar na última etapa da súa vida, esta xa non merece ser vivida. Amalia, unha compañeira da residencia, pode ser a peza que faga dar un xiro aos acontecementos, facendo que Suso atope o sentido da súa vida”.

É unha representación incluída no Circuíto de teatro profesional da Deputación de Lugo 2024.