Mercado de Nadal
A Praza do Souto será este sábado, 14 de decembro, o escenario do tradicional Mercado de Nadal de Cervo, organizado pola asociación Airiños do Xunto coa colaboración do Concello.
O Concello de Cervo anuncia que “a cita arrincará ás 10 da mañá e prolongarase durante toda unha xornada na que se darán cita diferentes postos de alimentación e artesanía, e haberá moita animación musical e tamén sorteos entre o público asistente. Ademais haberá unha edición especial da Ruta de Petiscos Cervo-Sargadelos xa desde o mediodía, con tapas elaboradas na Sacabeira, na Taberna de Sargadelos, no Almacén e no Caseto de Copa, a un prezo de 2,5 euros. Durante o Mercado tamén está prevista a entrega de premios do certame de postais de Nadal. A convocatoria será ás 19:00 horas e a continuación haberá unha actuación infantil pensada para desfrutar en familia:...
leer másA segunda edición do Mercado de Nadal en Alfoz celebrarase o día 6 decembro, venres, no atrio de San Pedro. Será de 11:00 a 20:00 horas. Está organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo e a Asociación Veciñal de Mor.
Haberá postos de comida, artesanía, adornos de Nadal, turróns, bixutería, obradoiro para os máis pequenos/as ás 12:00 e ás 17:00 horas e sorteo de produtos.
Ademais ás 18:30 horas farase o acendido as luces de Nadal a cargo da Asociación Veciñal de Mor e a continuación actuará o Coro de Mondoñedo.
A organización do evento destaca que haberá carpa e calefacción.