Arroxo

Etiquetas:
28/10/2024

A Biblioteca Maravilhas, que está na Escola de Arroxo (Lourenzá), acollerá un curso de galego gratuíto a partir de decembro.

O grupo promotor desta iniciativa explica: “estamos creando un grupo de persoas que non utilizamos o galego de forma habitual, para integrarnos na súa comprensión e poder expresarnos neste idioma, ben por interese persoal ou, dado o caso, por interese laboral, coa posibilidade de obter certificado CELGA. O grupo está coordinado e dirixido por Bernardo Penabade, profesor con ampla experiencia nese campo. Se hai persoas interesadas, sen límite de idade, podedes apuntarvos ou recibir máis información nos teléfonos 639.15.43.86 (Carlos) ou mediante whatsapp ao 638.41.85.45 (Rosa)”.