Penedo do Galo

18/09/2024

O Concello de Viveiro e a Asociación Deportiva e Cultural Alboi Viveiro presentaron o Trail Penedo do Galo, que terá lugar este domingo, día 22 de setembro.

Na presentación participaron o presidente da asociación Alboi, Alfredo Navarro Palmeiro; a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a tenente de alcaldesa, Míriam Bermúdez. A ACD Alboi organiza a competición co apoio do Concello e de Protección Civil.

O Trail Penedo do Galo 2024 realizará un percorrido circular en diferentes modalidades, con saída e chegada na Praza do Concello.

Para máis información as persoas interesadas no evento poderán contactar coa asociación Alboi a través do número 603.34.89.37, do correo electrónico alboiadc@gmail.com e das súas redes sociais.