Contra o Cancro

30/07/2024

Este domingo, día 4 de agosto, ás 11:00 horas haberá en Viveiro unha marcha de 5 quilómetros, con saída dende Fonte de Covas e chegada na Praza do Náufrago, en Celeiro, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo.

A organización anuncia que “ao finalizar a marcha obsequiarase aos asistentes cun tentempé e todo o recadado neste evento irá destinado a seguir mellorando a vida dos pacientes con cancro e as sÚas familias, e impulsar a investigación oncolóxica para conseguir un 70 por cento de supervivencia no ano 2030. ¡Inscríbete en https://enmarcha.contraelcancer.es/.../viveiro-en-marcha... e disfruta...

leer más
Etiquetas:
24/06/2024

O día 7 de xullo, domingo, terá lugar a quinta edición da Andaina contra o cancro en Foz. A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello. É unha iniciativa da asociación Os Sendeiros con colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer.

A organización destaca que a ruta é fácil e accesible. Desde a Praza do Concello os participantes irán cara á costa para percorrer o paseo das praias e rematará no porto.

Para participar hai que inscribirse, a través dos teléfonos 628.43.70.14 ou 670.36.90.17, e o prazo remata o 5 de xullo.