En Viveiro haberá unha marcha contra o cancro este domingo, 4 de agosto

Este domingo, día 4 de agosto, ás 11:00 horas haberá en Viveiro unha marcha de 5 quilómetros, con saída dende Fonte de Covas e chegada na Praza do Náufrago, en Celeiro, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo.

A organización anuncia que “ao finalizar a marcha obsequiarase aos asistentes cun tentempé e todo o recadado neste evento irá destinado a seguir mellorando a vida dos pacientes con cancro e as sÚas familias, e impulsar a investigación oncolóxica para conseguir un 70 por cento de supervivencia no ano 2030. ¡Inscríbete en https://enmarcha.contraelcancer.es/.../viveiro-en-marcha... e disfruta deste evento! Se non podes participar podes colaborar cun donativo, como inscrición solidaria, para a Asociación Española contra o Cancro en Lugo”.