Ribadeo
A asociación cultural As Vacas Fracas, en colaboración co Concello de Ribadeo, organiza a presentación dun documental sobre a olaría de Buño titulado “Povo de barro” e despois da proxección haberá un coloquio. Será este domingo, 3 de marzo, ás 17:00 horas no Teatro ribadense, con entrada de balde.
O Concello de Ribadeo, anuncia que “este documental é froito do traballo dun colectivo de mozas e mozos de Carballo chamado Bastidores. É unha homenaxe á olaría de Buño e ás mulleres e homes que fixeron dela un modo de vida".
Por outra parte, tamén este domingo, 3 de marzo, actuará en Ribadeo o actor Avelino González, que ofrecerá o monólogo titulado “Contos de contrabando”. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:00 horas. A entrada ten un prezo de 3 euros.
Con motivo do 400 aniversario do forte de San Damián celébrase en Ribadeo unha charla coloquio titulada “Pasado, presente e futuro do forte de San Damián no 400 aniversario da súa construción”. Será este sábado, 2 de marzo, ás 20:00 horas na Casa do Viejo Pancho.
Participarán na mesa redonda o arquitecto Ernesto Cruzado, a arqueóloga Patricia Suárez e o arquitecto técnico e secretario da Asociación Cultural Estudios Históricos de Galicia, Alberto Paraje.
O Concello de Ribadeo quere aunar a sostibilidade e a gastronomía e para elo creará unha nova modalidade de premio. Será a tapa máis sostible dentro do concurso de tapas Ribadeo Tapeo, apostando así por alimentos de proximidade. Será unha iniciativa pioneira que se levará a cabo contando coa asociación Eo Alimenta.
A concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, indicou que “nesta nova edición damos prioridade á sostibilidade, pois é unha aposta clara de futuro que influirá de forma positiva na nosa comunidade e na economía local. Queremos iniciar e establecer unha rede de contactos entre as persoas hostaleiras e as persoas produtoras da zona. Así creamos a categoría de tapa sostible na que un dos requisitos será que a tapa esta elaborada nun 50% con ingredientes procedentes da proximidade”.
A edil ribadense...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, dentro dos actos do trinta aniversario, xunto co Conservatorio Profesional de Música e Danza de Xixón, organizan un intercambio no que participarán as Big Band´s dos dous centros educativos.
O primeiro concerto será este venres, 1 de marzo, ás 20 horas no Teatro de Ribadeo, con entrada libre, e en segunda quenda terá lugar en Xixón o 7 de marzo (xoves).
En ambos concertos, cada agrupación fará unha parte do concerto en solitario para rematalos coa actuación conxunta dos dous grupos.
Este tipo de intercambios e xornadas de convivencia veñen formando parte ao longo dos anos da programación académica da EMMeD de Ribadeo.
Acisa Ribadeo celebrará, tras a pandemia, a súa X Gala Anual, na que conmemorará o seu 35 aniversario e na que se entregarán varios galardóns: ao relevo xeracional, a negocios emblemáticos e á ribadense do ano.
Carmen Cruzado, presidente de Acisa, explicou que “na asemblea ordinaria, que tivemos onte, anunciamos a intención desta directiva de volver celebrar a Gala Anual de Acisa Ribadeo. Consideramos importante esta cita, xa que neste ano conmemorase o 35 aniversario da nosa entidade. Polo tanto, podemos xa anunciar oficialmente a celebración da X Gala de Acisa Ribadeo – 35º Aniversario. Despois de 4 anos sen xuntarnos por mor da pandemia, coa súa recuperación pretendemos reafirmar o noso compromiso coas nosas asociadas e asociados, os lazos empresariais, así como o intercambio de opinións, experiencias... por elo animamos a todo...
leer másA Área de Igualdade do Concello de Ribadeo organiza diversas actividades arredor da conmemoración do día internacional da muller.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, indicou que “comezamos o 1 de marzo coa visita de Nary Ly, unha inspiradora sobrevivente dos campos da morte de Camboya. Nary, que é escritora, científica e olímpica compartirá, dentro do Programa O Concello cos coles, cos estudantes de 3º e 4º de Primaria a súa experiencia persoal e o seu novo libro infantil. O 7 de marzo poderemos asistir a unha charla sobre a menopausia, guiada polo xinecólogo Ezequiel Cardoso González, quen nos axudará a comprender mellor este proceso natural e as súas implicacións para a saúde e o benestar das mulleres. Será ás 20:00 horas no Centro Social Comunitario”.
A edil ribadense seguiu a relatar que “o 8 de...
leer másA asociación ribadense Amadores da Música, que preside Elisa Álvarez Amor, convoca asemblea xeral ordinaria de soci@s para o día 16 de marzo, sábado, no salón de actos da Casa do Mar, de Ribadeo. Está fixada para as 20:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda. A orde do día inclúe a renovación da xunta directiva do colectivo.
Na asemblea tamén se tratarán estes outros asuntos: lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior; estado de contas da asociación; informe de actividades desenvolvidas; informe do director da Banda; e preguntas e suxestións.
Hostaleiros de Ribadeo e Acisa acudiron á xuntanza convocada hoxe polo Concello para preparar o Ribadeo de Tapeo, que se desenvolverá do 20 ao 28 de abril.
No encontro participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, así como as técnicas da Área de Desenvolvemento Local do Concello, organizador deste evento gastronómico.
O obxectivo do Concello era coñecer as inquedanzas, as suxestións e as opinións do sector sobre aqueles aspectos a mellorar.
Marta Saiz manifestou que “escoitando á hostalería é como se mellora e se innova no Ribadeo de Tapeo. E iso foi o que fixemos esta mañá falar, coñecer a súa opinión e mudar a data desta cita, que se desenvolverá do 20 ao 28 de abril. De aquí aló queda moito traballo por diante”.
O vindeiro 31 de marzo partirá de Ribadeo a terceira edición da peregrinación O Camiño do Mar Concello a Concello, que organiza a asociación Amigos del Camino del Mar Peregrinación a Santiago de Compostela.
Serán un total de 277 quilómetros, divididos en 13 etapas duns 23 quilómetros entre Ribadeo e Neda, onde concluirán o 26 de xuño.
Manuel Vicente, presidente da asociación organizadora, comentou que “con esta acción nos proponemos el objetivo de promoción, divulgación del Camino del Mar y al mismo tiempo el conocimiento de por dónde discurría la antigua vía de peregrinación que atravesaba los ayuntamientos de: Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño, Narón y Neda bautizada con el nombre: El Camino del Mar. Una vez llegado a Neda,...
leer más