Ribadeo
26/07/2016
Repsol Racing Tour chega a Ribadeo mañá, 27 de xullo. A exposición composta dun gran inchable e dunha plataforma museo coa moto de Marc Márquez e con simuladores poderase visitar na praza de España e no parque de San Francisco ata o domingo, 31 de xullo, en horario de 12 da mañá ata as 20 horas.
Segundo explican desde a Concellaría de Deportes “os organizadores son os mesmos que o ano pasado trouxeron co Banco Santander o Ferrari de Fernando Alonso. Nesa ocasión quedaron moi contentos coa acollida da exposición, xa que foi visitada en 3 días por máis de 10.000 persoas. Por ese motivo decidiron volver a Ribadeo e aumentar o número de días que estarán aquí”.
23/07/2016
Deron comezo as dúas Xeorutas, que organizadas polo Concello, discorren pola contorna praia de As Catedrais e polo o pobo de Rinlo. Levaranse a cabo ata o 18 de setembro, segundo anunciou hoxe a concelleira de Turismo, Ana Martínez, que lembrou que “Ribadeo foi pioneiro o ano pasado na posta en marcha destas iniciativas”.
A edil nacionalista comentou que “pasado o ecuador deste mes de xullo vemos como Ribadeo está a tope de xente, como ano tras ano nos imos posicionando como ese destino turístico preferente para moitas persoas. Desde o Concello nos sentimos alagados por esta elección de tanta xente que quere vir visitar a nosa vila, o noso concello, e queremos seguir apostando por un turismo responsable e sostible que combina o...
leer más 20/07/2016
CARTELERA CINELANDIA RIBADEO HASTA EL 27 DE JULIO
MIÉRCOLES 20
-“Ice age: el gran cataclismo” – 20:30 y 23:00 horas
-“Antes de ti” – 20:30 horas
-“Money Monster” – 23:00 horas
JUEVES 21
-“Ice age: el gran cataclismo” – 20:30 horas
-“Antes de ti” – 23:00 horas
-“Money Monster” – 20:30 y 23:00 horas
VIERNES 22, SÁBADO 23 y DOMINGO 24
-“Ice age: el gran cataclismo” – 18: 00 y 20:30 horas
-“Infierno azul” – 23:00 horas
-“Buscando a Dory” – 18:00 horas
-“Mi amigo el gigante” – 20:30 horas
-“Un espía y medio” – 23:00 horas
LUNES 25
-“Ice age: el gran cataclismo” – 18: 00 horas
-“Infierno azul” – 20:30 y 23:00 horas
-“Buscando a...
leer más 20/07/2016
Fernando Bouso Rodríguez é natural de A Pontenova e leva máis de 20 anos vivindo en Ribadeo. Como estaba desempregado decidiu recentemente poñer un negocio baseado nun oficio tradicional, o de afiador ambulante, e traballa para establecementos e particulares da Mariña luguesa e o Occidente asturiano, concretamente na zona comprendida entre Viveiro e a localidade asturiana de Navia.
Fernando Bouso explica que “estaba no paro e decidín poñer en marcha este negocio porque meu sogro traballaba algo de afiador cando estaba ao fronte da tenda ribadense Casa Vicente, que agora leva a miña muller, e aínda había xente que preguntaba se seguía afiando coitelos, navallas, tesoiras, etcétera. El facíao no almacén da tenda utilizando un esmeril...
leer más 20/07/2016
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá un concerto o vindeiro luns, 25 de xullo, para festexar o Día da Patria Galega. Terá lugar no parque de San Francisco e principiará ás 21:00 horas.
O director da Banda, David Ballester, comentou que “o concerto estará dividido en dúas partes: unha con obras de temática galega ou de compositores galegos e a outra con pezas doutro tipo”.
David Ballester lembra que “é un repertorio que xa se tocou en Santiago de Compostela hai unhas semanas e imos repetir agora aquí, en Ribadeo. Esperamos que sexa do agrado de todo o público asistente”.
O director da Banda Municipal...
leer más 18/07/2016
Actuacións musicais de diferentes estilos, teatro, exposicións e actividades para nenos e nenas configuran a programación da Concellería de Cultura para o que resta de verán e que foi presentada hoxe este mediodía na Casa do Concello, en Ribadeo.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, subliñou que “quedan dous meses e medio de actividade cultural intensa. Como sempre prestamos moita atención no verán á música. Temos que escoitar toda a actividade musical desenvolvida en torno ao Día da Gaita, temos que escoitar tamén concertos da Banda de Música Municipal de Ribadeo ben sexa o Festival de Bandas, o concerto do Día da Patria ou mesmo xa a carón do remate do verán o Festival de Música de Cine”.
... leer más 18/07/2016
Despois do éxito no pasado Festival de Habaneras, a Coral Polifónica ofrecerá o seu concerto de verán, o martes 19 de xullo, ás 20:45, na Igrexa Parroquial. 61 anos xa de música coral, dende aquel concerto inaugural do 20 de xullo de 1955.
Nesta ocasión, o concerto será benéfico e a recadación será doada á Asociación Local de Loita contra o Cancro. É esta unha maneira sinxela e sentida de homenaxear á nosa compañeira Gracia Martín que nos deixou tristemente o mes pasado.
Para este fin, haberá 2 mesas á entrada da Igrexa para que as persoas que así o desexen poidan deixar o seu donativo e contribuir á investigación para vencer esta enfermidade que a...
leer más 13/07/2016
CARTELERA CINELANDIA RIBADEO HASTA EL 20 DE JULIO
MIÉRCOLES 13
-“Money Monster” – 20:30 y 23:00 horas
-“Buscando a Dory” – 20:30 horas
-“Independence Day 2” – 23:00 horas
JUEVES 14
-“Antes de ti” – 20:30 y 23:00 horas
-“Buscando a Dory” – 20:30 horas
-“Money Monster” – 23:00 horas
VIERNES 15
-“Ice Age: el gran cataclismo” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“Buscando a Dory” – 18:00 horas
-“Antes de ti” – 20:30 horas
-“Money Monster” – 23:00 horas
SÁBADO 16
-“Ice Age: el gran cataclismo” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“Buscando a Dory” – 18:00 horas
-“Antes de ti” – 23:00 horas
-“Money Monster” – 20:30 horas
12/07/2016
Intensa semana de actos culturais en Ribadeo coa inauguración de varias exposicións, con espectáculos para os máis pequenos e con música. Parte destas actividades enmárcanse no programa Ribadeo Diversx, posto en marcha para que todos e todas “nos familiaricemos coas diferentes orientacións sexuais e os dereitos de todas as persoas a non ser discriminadas pola súa condición sexual”, segundo deu a coñecer no día de hoxe o concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
O edil nacionalista contou que “a semana do 11 ao 17 de xullo ten unha variada gama de actividades en Ribadeo. De entrada, e ata o martes da semana que vén, poderemos ver a exposición de debuxo de Carla Méndez Aires dos anos 30, que está na sala de exposicións da Oficina...
leer más 12/07/2016
En Ribadeo comezou a funcionar o tren turístico, que foi presentado está mañá na Praza de España. O tren percorrerá durante todo o verán o casco vello, a vila e o porto de Porcillán e chegará ata a Illa Pancha, en horarios de mañá e tarde.
O alcalde, Fernando Suárez Barcia, explicou que “outro ano máis Ribadeo contará novamente cun tren turístico que o ano pasado a modo experimental estivo funcionando moi ben durante todo o verán. Foi unha atracción turística máis das que a xente goza, a xente de fora que ven a Ribadeo, a xente que nos visita, e tamén moitos veciños e veciñas do noso concello tamén o usaron”.
Suárez Barcia dixo que “este ano volve...
leer más