Do 27 ao 31 de xullo estará en Ribadeo a moto de Marc Márquez, dentro da exposición Repsol Racing Tour. Pódese visitar de balde.

Do 27 ao 31 de xullo estará en Ribadeo a moto de Marc Márquez, dentro da exposición Repsol Racing Tour. Pódese visitar de balde.
 
Repsol Racing Tour chega a Ribadeo mañá, 27 de xullo. A exposición composta dun gran inchable e dunha plataforma museo coa moto de Marc Márquez e con simuladores poderase visitar na praza de España e no parque de San Francisco ata o domingo, 31 de xullo, en horario de 12 da mañá ata as 20 horas. 
 
Segundo explican desde a Concellaría de Deportes “os organizadores son os mesmos que o ano pasado trouxeron co Banco Santander o Ferrari de Fernando Alonso. Nesa ocasión quedaron moi contentos coa acollida da exposición, xa que foi visitada en 3 días por máis de 10.000 persoas. Por ese motivo decidiron volver a Ribadeo e aumentar o número de días que estarán aquí”. 
 
O acceso á exposición é gratuíto.