San Blas

Etiquetas:
18/01/2024

As festas de San Blas en Vilaxoane (Foz) celebraranse do 2 ao 4 de febreiro nun recinto cuberto con carpa e calefacción.

Empezarán os festexos o venres 2 cunha verbena amenizada polo dúo Belinda e a orquestra Principal. 

O sábado 3 é o Día do Patrón e haberá misa solemne ás 13:00 horas e despois procesión, bendición do tradicional Pan de San Blas e imposición do Santo todo o día. A sesión vermú estará amenizada polo grupo Fénix, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra La Favorita.

E o domingo 4 celebrarase a Festa dos Callos San Blas 2024, organizada pola peña Fálame Sempre. A partir das 13:30 haberá sesión vermú co DJ Take Sound. A reserva anticipada de tickets para a festa dos callos farase ata o día 28 de xaneiro na Librería A Rapadoira.

 

Etiquetas:
15/01/2023

A localidade focense de Vilaxoane celebra as súas festas de San Blas os días 3 e 4 de febreiro, venres e sábado.

O venres 3 é do Día do Patrón e a partir das 13:00 horas haberá misa solemne, procesión, bendición do tradicional pan de San Blas, imposición do santo e sesión vermú co dúo Belinda. Ás 18:00 horas celebrarase outra misa solemne e pola noite haberá verbena amenizada polo dúo Belinda e a orquestra Solara.

Ao día seguinte celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e a continuación sesión vermú co trío Principal. Pola noite na verbena actuarán o trío Principal e a orquestra Gran Parada.
Haberá recinto cuberto con carpa e calefacción.