Interpretación
A Escola do Chao, na parroquia do Pereiro, convértese nun Centro Interpretativo da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Inicia a súa andadura con dúas xornadas. O sábado, 25 de setembro, de 10:00 a 14:00h para a promoción do patrimonio natural, cultural, arquitectónico, etnográfico, etc. e novas actividades respectuosas co medio ambiente e o emprendemento sostible na Reserva da Biosfera.
E o domingo 26, de 9:00 a 14:00h levarase a cabo un roteiro guiado da Fervenza Escouridal á Pena Abaladoira que terá como punto de partida a Escola do Chao.
É preciso inscribirse previamente nos tfnos. 982256193 e 618709473. Máis información: info@sogos.es
Estas actuacións lévanse a cabo a través das Axudas para a Rehabilitación do patrimonio...
leer másHoxe tivo lugar a presentación do centro de interpretación do empresario José Barro, que estará situado no antigo cuartel da Garda Civil de Mondoñedo. Apaga, a asociación de profesores de automoción de Galicia, é a impulsora do museo que será inaugurado o vindeiro 25 de agosto. O Concello mindoniense cede o local que o acolle e inviste na súa posta en marcha. Álvaro Doural, o presidente de Apaga, quere que sexa un espazo vivo, que poida ser visitado polos centros de ensino da comarca e un lugar aberto ao que se poida seguir aportando material sobre o creador das industrias de Chavín.
No acto, que tivo lugar esta mañá no Concello de Mondoñedo, participaron o alcalde, Manuel Otero, a concelleira de Turismo, Elena Candia, o presidente e o tesoureiro de Apaga, Álvaro Doural e Francisco Javier Rodríguez, así como a responsable de accións...
leer más