Prazas

Etiquetas:
28/11/2022

A Deputación de Lugo abriu este luns o prazo para solicitar algunha das 1.025 prazas do programa Lugo Termal.Nas primeiras horas moitas das persoas interesadas xa fixeron chegar a súa solicitude a través da páxina web da institución provincial ou nas oficinas do Rexistro Xeral situadas no Pazo de San Marcos. 

Nesta 12 edición do programa de termalismo, a institución provincial oferta descontos nos tres establecementos termais da provincia: Termas de Lugo, Río Pambre en Palas de Rei e Hotel Balneario Augas Santas de Pantón. Son un total de  650 prazas na modalidade con estancia e outras 375 na de sen estancia.

A modalidade con estancia contempla seis días e cinco noites en pensión completa e con carácter xeral haberá 15 técnicas termais, agás que por razóns médicas xustificadas se desaconsellen, ehaberá un...

leer más
Etiquetas:
13/07/2021

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou este martes a posta en marcha do programa Lugo Termal, que este ano a institución, como unha das medidas do Plan de Impulso da Economía da Provincia, decidiu abrir a persoas maiores de 50 anos, e con acompañantes que non teñan necesariamente esta idade, “co obxectivo de aumentar o retorno económico desta iniciativa nos establecementos termais da provincia cando máis o necesitan, dado o impacto que supuxeron as restricións decretadas pola Covid”, subliñou o mandatario provincial.

José Tomé avanzou que a partir de mañá os veciños e veciñas da provincia poden solicitar algunha das 1.320 prazas con estancia e sen estancia que ofrece a Deputación a través do programa de termalismo, unha vez que no día de hoxe se publicaron as bases do mesmo no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Fíxoo...

leer más