Para promocionar o patrimonio artístico da zona o Concello de Alfoz convida a participar no I Xogo Turístico de Alfoz en instagram, do 30 de maio ao 16 de xuño de 2024.
“A participación é ben sinxela. Para elo, teredes que seguir a @turismoalfoz, deixar un comentario nesta publicación cunha palabra que represente o turismo de Alfoz e subir unha foto ao instagram co Castelo do Castrodouro, mencionando a @turismoalfoz. Se segues todos estes pasos tes premio asegurado (ata fin de existencias).Para recollelo deberedes pasar no horario de apertura da Oficina de Información Turística”, explica o Concello de Alfoz.
Ante calquera dúbida sobre este xogo as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa Oficina de Turismo de Alfoz, no número de teléfono 982.558.578.
.
Seguen as actividades programadas polo Concello de Cervo para estes días. Hoxe, 21 de marzo, hai concurso Tik Tok; o luns, día 23, de reciclaxe; o 25 de cine e o 27 de música.
O Concello deu a coñecer o gañador do concurso fotográfico do pasado mércores, día 18. Parabéns a @fucervo! Moitas grazas a todos pola participación e recordade que seguimos con máis cousas estes días.
Recorda etiquetar a @cervocultura cando subas as túas propostas a instagram co cancelo #cervoquedanacasa
A túa conta debe ser pública ata o fallo do concurso.