O Concello de Alfoz organiza un xogo turístico en instagram do 30 de maio ao 16 de xuño

Para promocionar o patrimonio artístico da zona o Concello de Alfoz convida a participar no I Xogo Turístico de Alfoz en instagram, do 30 de maio ao 16 de xuño de 2024.

“A participación é ben sinxela. Para elo, teredes que seguir a @turismoalfoz, deixar un comentario nesta publicación cunha palabra que represente o turismo de Alfoz e subir unha foto ao instagram co Castelo do Castrodouro, mencionando a @turismoalfoz. Se segues todos estes pasos tes premio asegurado (ata fin de existencias).Para recollelo deberedes pasar no horario de apertura da Oficina de Información Turística”, explica o Concello de Alfoz.

Ante calquera dúbida sobre este xogo as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa Oficina de Turismo de Alfoz, no número de teléfono 982.558.578.

.