Igrexa

21/01/2025

Foz acollerá a charla titulada O Primeiro Anuncio. Reto para o presente e o futuro da nosa Igrexa, a cargo do delegado episcopal para o Primeiro Anuncio da diocese de Santiago de Compostela, Javier García. Será o día 10 de febreiro, luns, ás 18:00 horas nos locais parroquias de Foz, que están na rúa Congostra do Cura, número 20, baixo.

Esta charla está incluída dentro das actividades da Escola Diocesana de Evanxelización, iniciativa da Diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Etiquetas:
14/10/2020

Este sábado, 17 de outubro, ás 18:30 horas o dúo Metamorphoses ofrecerá un concerto de violín e piano na igrexa parroquial de Vilanova de Lourenzá.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “interpretarán obras de Bach, Brahms e Lizst, entre outros. Este concerto enmárcase no programa Concertos polo Camiño do Norte de O Teu Xacobeo polos Camiños de Santiago, que teñen lugar en localidades do Camiño que son final de etapa”.

 

Etiquetas:
18/12/2018

O Concello pon persoal na igrexa de Vila do Medio para facilitar as visitas ao belén instalado pola veciñanza nese templo. Será posible facelo durante o Nadal nos días laborables en horario de 16 a 19 horas. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, asegura que o belén é espectacular e anima á xente da Mariña a acudir a velo.

O edil burelés manifestou que “desde a Concellería de Turismo anunciamos que a partir de hoxe imos ter persoal na igrexa de Vila do Medio para que a xente poida visitar o belén que fixeron alí os veciños”.

Para Ramiro Fernández Rey “a verdade é que é un belén espectacular e moi chamativo. Decidimos, en horario de tarde os días laborables, ter unha persoa alí para poder ensinalo, e que todos os veciños, visitantes, e incluso xente da Mariña que queira ver este belén, que xa digo que...

leer más
Etiquetas:
06/11/2018

A agrupación coral Del Coro al Caño, de Gijón, cantará na igrexa parroquial de Santa María de Valdeflores, de Lourenzá, na misa deste domingo, día 11, ás 12:45 horas.

Este coro está ofrecendo concertos de música sacra en varios concellos vinculados co Camiño de Santiago.

 

27/03/2018

O mércores, 28 de marzo, a partires das 18:00 horas, na parroquia de Santo Tomé, no Valadouro, escenificarase, como cada ano, o Vía Crucis vivinte.

Esta escenificación correrá a cargo de xente dos concellos de Alfoz e Valadouro. Trátase dunha actividade programada todos os anos na Semana Santa, que comezou a facerse hai algo máis de vinte anos, e que dende entón se reproduce cada ano de xeito ininterrompido.

Os actos teñen lugar na subida á igrexa, onde se atopan as cruces que configuran este vía crucis tradicional, nas que os participantes van facendo as paradas correspondentes, e rematando no alto onde se atopa a igrexa parroquial na que se venera hai xa moitos anos ao Santo Cristo.