Centenario
O xoves 12 de decembro terán lugar os actos de clausura do Centenario da Confraría de Pescadores San Juan Bautista, de Burela.
A organización do evento anuncia que os actos “comezarán ás 13:30 horas na Nave de Redes, para desfrutar dun ronqueo de atún, con sushiman incluído, convertendo o despiece manual nun verdadeiro espectáculo. Contaremos coa presenza do ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas Puchades, e da alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, entre outras autoridades. Trátase dun acto aberto e gratuíto para toda a poboación, xente do mar e toda a veciñanza, non tendo que confirmar asistencia”.
Mañá, xoves, pola tarde celebrarase o acto de conmemoración do centenario do naufraxio do bote Fernando Villamil. No Forte de San Damián haberá o descubrimento dunha placa alusiva a ese feito e intervencións do alcalde, Fernando Suárez, da concelleira de Cultura, Pilar Otero, e tamén do cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez.
A edil ribadense contou que “mañá, 26 de setembro, terá lugar ás 17:00 horas no Forte de San Damián un pequeno acto de conmemoración deste episodio da nosa historia local. Será un acto institucional no que participarán o alcalde, Fernando Suárez, eu mesma e no que o cronista oficial, Eduardo Gutiérrez, ofrecerá unha pequena presentación sobre aquel feito”.
Pilar Otero subliñou que “co obxectivo de achegar á veciñanza o aciago feito ocorrido con esta embarcación vaise colocar neste...
leer másO Cine Teatro acolleu a presentación dos actos que se desenvolverán ao longo de todo este ano para conmemorar o centenario do nacemento de Carlos Álvarez Fernández-Cid. Un dos primeiros será este sábado, 26 de maio, data na que se descubrirá unha placa na casa na que naceu. A directora da Coral Polifónica de Ribadeo, Mª Carmen Rodríguez Cancelo, subliñou que “Carlos Cid é unha figura imprescindible da historia da música de Ribadeo”. Ao acto deste mediodía acudiu o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, xunto a representantes da Banda de Música, de Amadores da Música, da EMMeD, do IES de Ribadeo, da parroquia de Santa María do Campo e da Peña Madridista del Eo.
Os actos deste centenario están organizados pola Coral Polifónica de Ribadeo e a Sociedade Filantrópico Dramática e contan coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia...
leer más