O xoves 12 de decembro terán lugar os actos de clausura do Centenario da Confraría de Pescadores San Juan Bautista, de Burela.
A organización do evento anuncia que os actos “comezarán ás 13:30 horas na Nave de Redes, para desfrutar dun ronqueo de atún, con sushiman incluído, convertendo o despiece manual nun verdadeiro espectáculo. Contaremos coa presenza do ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas Puchades, e da alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, entre outras autoridades. Trátase dun acto aberto e gratuíto para toda a poboación, xente do mar e toda a veciñanza, non tendo que confirmar asistencia”.