O Concello de Cervo, conxuntamente con Paco Piñeiro, está a organizar un acto homenaxe con motivo do Centenario das Escolas de Cervo.
Así, para conmemorar esa efeméride, Paco Piñeiro, leva meses traballando na creación da Crónica Histórico-Literaria da Parroquia de Santa María de Cervo.
Un libro que será editado polo Concello de Cervo, e que será presentado nun acto aberto ao público o mesmo día do Centenario.
Tal e como apuntou Villares, “eu xa tiven a oportunidade de poder ver un esbozo do gran traballo que está a facer Paco, e que será sen dúbida un manual imprescindible en cada fogar cervense porque é unha extraordinaria recomplación que abrangue o pasado, pero que tamén pretende recoller referencias ao noso presente; e por iso Paco Piñeiro tamén propuxo a inclusión neste manual de fotografía colectivas dos núcleos de poboación pertencentes ao distrito escolar de Cervo Sargadelos”.
Así, tal e como sinalou o rexedor, convocamos aos veciños que desexen participar nesta instántanea recordatorio para este domingo 26 de novembro, a partir das 11:00 horas. Foi o propio Paco Piñeiro –engadiu-, o que, acompañado por persoal do Concello, lle fixo chegar casa por casa a invitación a cada veciño.
O itinerario marcado para este domingo é o seguinte:
• Figuerido (Igrexa): 11:00 horas
• Paraño (Capela): 11:20 horas
• Sargadelos (Igrexa): 11:40 horas
• Senra (Capela): 12:00 horas
• Viladesuso (Fonte): 12:20 horas
• Espiñerido/Casas Novas: 11:20 horas
• Cuíña (Penido): 11:40 horas
• Rueta (Fontao): 12:00 horas
• Cervo (Praza do Souto): 12:20 horas
• Daián (Casa Arnaú): 13:00 horas
O Concello de Cervo e Paco Piñeiro están a traballar no programa de actos que se desenvolverá ese día 30 de decembro; no que tamén se contempla a inauguración dunha exposición de fotografías antigas. Todas aquelas persoas que queiran ver as súas instantáneas na mostra poden facérnolas chegar ao Concello ou poñerse en contacto co propio Paco Piñeiro o domingo, cando se fagan as fotografías colectivas.