Comado
Praias de Comado organiza a oitava edición do Trail Monte Comado, en Reinante, que se celebrará o 13 de outubro.
A proba terá as distancias de 26 km. 1400+ e 12 km. 700+. As persoas interesadas en participar poden obter máis información e inscribirse en www.maiskmmsbarreiros.gal ou www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com.
O Concello de Barreiros coorganiza esta actividade coa que colaboran a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia, Deporte Galego e Protección Civil de Barreiros.
A sétima edición do Trail Monte Comado foi presentada polos membros da Asociación Praias de Comado xunto con Daniel García, concelleiro de Dinamización en Barreiros e deputado provincial, como representantes das entidades organizadoras da mesma. Tamén estivo presente o xefe territorial de deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero.
Esta carreira é a quinta proba da presente edición do +kmBarreiros, promovido polo Concello para promocionar todas as carreiras que se realizan no termo municipal.
A cita co trail Monte Comado será o vindeiro 15 de outubro, con dúas probas de 12 e 26 quilómetros.
A saída e chegada das carreiras será na praza do Souto en San Miguel de Reinante.
A proba de 26 km sairá ás 9:30h e ten 1600 metros de desnivel positivo polos montes Penabor e...
leer másA sétima edición do Trail Monte Comado, de Barreiros, será o día 15 de outubro, domingo. Haberá dúas categorías: 12 quilómetros e 26 quilómetros. A saída e a meta estará na praza do Souto, en San Miguel de Reinante.
A inscrición realizase a través das páxinas web: http://www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com/, https://maiskmsbarreiros.gal/ e https://ccnorte.com/. O prazo estará aberto ata o 12 de outubro de 2023 ás 23:59 horas.
Haberá premios para as tres primeiras persoas clasificadas en cada categoría, así como para o gañador e a gañadora absolutos. A entrega dos mesmos terá lugar ao remate das carreiras.
Os interesados en participar poden...
leer másIntegrantes do colectivo organizador, ACD Praias de Comado, xunto con Daniel García, concelleiro responsable da área de Dinamización e Participación Veciñal, e Manuel Otero, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, presentaron as carreiras e andaina Monte Comado 2022 que terán lugar este sábado 15 e domingo 16 de outubro no municipio barreirense.
A cita deportiva comezará o sábado 15 coa saída da andaina ás 15:15 h. desde a praia de Arealonga (Santiago de Reinante).
Ás 16:30 h. darase a saída da carreira “½ km vertical” dende o mesmo lugar, a praia de Arealonga, e na que os participantes ascenderán ao cumio do monte Comado en apenas 4 km superando desniveis que roldan o 40% nos puntos máis abruptos do percorrido.
Na mesma tarde do sábado, ás 17:30 h. terán lugar as...
leer másA segunda fin de semana de outubro, días 12 e 13 nesta ocasión, é xa unha data de referencia no calendario deportivo mariñao. Un ano máis, no concello de Barreiros, terá lugar unha nova edición da Carreira 1/2 Km. Vertical e o Trail Monte Comado, que organiza o colectivo ACD Praias de Comado. Serán a quinta e sexta edición, respectivamente, dunha cita que cada vez colleita máis participantes chegados desde distintos puntos de todo Galicia, mais tamén do norte español e incluso da meseta, tendo alcanzado preto dos dous centos de persoas inscritas.
As inscricións xa están abertas e ata o último día deste mes, luns 30 de setembro, aquelas persoas que desexen participar poderán beneficiarse da cota de inscrición reducida. Ata dito día, o prezo da inscrición é de:
- 8€ para o 1/2Km. Vertical. Prezo estándar a partir...
leer másConcello acolleu hoxe a presentación das carreiras Monte Comado, que terán lugar os días 14 e 15 de outubro. Están organizadas por Casa Elena, Peña Barcelonista San Miguel, Taxi Antonio Valea, Decoración e Pintura Centeno, Actiboot, Café Bar Moderno e Meta. E contan coa colaboración do Concello de Barreiros, Protección Civil e a Deputación Provincial de Lugo.
Este ano presentouse a clásica de ½ km vertical, como novidade o Trail 13km, o Trail de 26km e o trail infantil.
O día 14 de outubro terán lugar as carreiras ½ km vertical e Trail Infantil, a 1/2km vertical con saída ás 16:30 dende a praia de Arealonga e o trail infantil ás 17:30 no cumio de Monte Comado, se o tempo o permite. Xa o día 15 terán lugar os dous trails, 13km e 26km con saída ás 9:30 dende a praza de Reinante.
Dende a...
leer más