San Ciprián celebrará a foliada Nordestía os días 22 e 23 deste mes. Haberá cantos de taberna e concertos.

San Ciprián celebrará a foliada Nordestía os días 22 e 23 deste mes. Haberá cantos de taberna e concertos.
 
San Ciprián celebrará a foliada Nordestía os días 22 e 23 deste mes, venres e sábado. Foi presentada hoxe nun acto que contou coa presenza do alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e da concelleira de Cultura, Dolores García, ademais dos membros do colectivo organizador, a asociación Clan, Ricardo García y José Antonio Platas.
 
O venres 22 a partir das 20 horas haberá cantos de taberna nos establecementos hostaleiros A Bodega, O Noso Lar, O Faro, Pizzería Trasgo, Chiringuito de Cubelas, El Puerto, Bar da Praia Cit, Telvi´s Place, Pedregal, Titas, Mesón da Ría, Bruno´s, Nordesía, Cervecería O Encontro e Camarote. Ás doce da noite actuará Pelepau e a 01:30 haberá un concerto de Cuchufellos.
 
O sábado 23 ás doce do mediodía haberá unha sesión infantil con Cé Orquestra Pantasma e sesión vermú polos bares colaboradores. Ás 21:30 horas empezará  foliada na Praza dos Campos, ás 23:30 actuará Quempallou e ás 01:30 horas empezará o concerto de Ultraquäns.
 
A edil de Cultura comentou que “o Concello de Cervo apoia calquera iniciativa que impulse e dinamice ao municipio; neste caso trátase dunha foliada que organiza unha asociación como é a de Clan, que celebrará a terceira edición deste evento que ten un carácter cultural importante e fará dese fin de semana unhas xornadas diferentes ao habitual en San Ciprián".