Os días 24 e 25 de xuño celébranse en Mondoñedo as IX Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño. E esa fin de semana, o sábado, terá lugar a Feira Mostra Os Muíños.

Os días 24 e 25 de xuño celébranse en Mondoñedo as IX Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño. E esa fin de semana, o sábado, terá lugar a Feira Mostra Os Muíños.
 
Mondoñedo acollerá as IX Xornadas do peregrino Abrindo Camiño os días 24 e 25 de xuño, que abordarán o Camiño do Norte e Mondoñedo, patrimonio da humanidade. 
 
Haberá unha Fam Treep con editores de guías do Camiño de Santiago, unha táboa redonda titulada “Literatura, música e artesanía do Camiño Norte e un encontro asemblea aberta da agrupación Camiño Norte de asociación de País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia. 
A música protagonizará esta cita co concerto da Coral Mestre Pacheco, de Mondoñedo, e da Banda de Música de Meira. 
 
O mesmo 25 de xuño celebrarase a Feira Mostra Os Muíños de artesanía e agroalimentación. Os stands abriranse ás 11 da mañá, haberá mostras de oficios en vivo, concerto da Escola de Música O Pallarego, de Mondoñedo, obradoiros para nenos e nenas… A xornada rematará ás 20:30 horas coa actuación do grupo de música e baile tradicional Xacarandaina, de A Coruña, polo barrio de Os Muíños.