O Concello de Cervo abre a Oficina de Turismo durante a Semana Santa. Está situada fronte á Casa da Cultura de San Ciprián.

O Concello de Cervo abre a Oficina de Turismo durante a Semana Santa. Está situada fronte á Casa da Cultura de San Ciprián.
 
O Concello informou hoxe de que a Oficina de Turismo, situada no antigo quiosco de Juana, permanece aberta ao público durante a Semana Santa. Este servizo estase prestando dende onte e manterase ata o sábado co obxectivo de atender e asesorar aos visitantes “para ayudarlos a conocer nuestro concello y darles información sobre alojamiento, restauración y comercios, pero también sobre medios de transporte, infraestructuras y servicios como el área de autocaravanas”, explica a edil de Turismo, Begoña Alonso. 
Ao mesmo tempo, ofrécese información sobre as actividades e eventos que se van celebrar nestes días, como é o caso da Festa do Mexillón deste sábado. Un servizo que tamén pode ser de utilidade para os veciños, que poden solicitar información sobre actividades. 
Cabe lembrar que a Semana Santa é unha das épocas de máis afluencia de turistas no concello, polo que “es fundamental atender a nuestros visitantes y orientarlos, facilitándoles que hagan vida en el municipio y favoreciendo que tengan unha buena estancia”, asegura Alonso. 
A Oficina de Turismo está situada en fronte á Casa da Cultura de San Ciprián, nunha zona moi céntrica, e instalada no que foi durante case 50 anos o quiosco de Juana. Un local que o Concello reconverteu e aproveitou para este novo uso pero mantendo a súa estética tradicional por tratarse dun lugar emblemático de San Ciprián. 
A Oficina de Turismo de San Ciprián púxose en funcionamento durante o verán pasado e, de xullo a setembro, recibiu unhas 1.300 solicitudes de información.