O 12 de novembro terá lugar o III Mercado de Outono en Ferreira do Valadouro. Haberá postos de venda de produtos estacionais e de artesanía, xogos, tapeo e música.

O 12 de novembro terá lugar o III Mercado de Outono en Ferreira do Valadouro. Haberá postos de venda de produtos estacionais e de artesanía, xogos, tapeo e música.
 
O vindeiro sábado, 12 de novembro, celébrase o III Mercado de Outono polas rúas de Ferreira con pasarrúas, tapeo e moitas outras actividades.
 
Nesta ocasión, o mercado vai durar durante toda da xornada no que se poñerán postos de produtos estacionais e postos de artesanía variada.
 
Pola tarde, a partires das 16:00 horas haberá numerosos xogos populares e tradicionais que se van desenrolar no aparcadoiro municipal da Avenida da Veiga. Estes xogos están orientados para un público un pouco máis infantil e xuvenil.
Ao rematar o mercado comezará unha ruta de tapeo con produtos de tempada amenizada por grupos de cantos de taberna que percorrerán os 12 locais participantes. Tamén na hostalería, contarán cun pasaporte para ir selando polos distintos locais hostaleiros que darán dereito a participar no sorteo dunha fin de semana para dúas persoas. A condición indispensable para participar é que o pasaporte estea selado polos 12 locais hostaleiros participantes.
 
A partires das 22:00 horas no aparcadoiro municipal en fronte á piscina municipal terá lugar a festa do magosto popular, que vai a estar amenizada polos compoñentes dunha mítica orquestra do Valadouro como era a Maseda e o grupo folk Tumba e Dalle.