A XXV Ruta Cabalar, que organiza A Medela, terá lugar o 17 de marzo en Xove

Os cabaleiros da Asociación Equina A Medela están organizando o XXV Aniversario da fundación da Asociación, celebración centrada na XXV RUTA CABALAR que se vai desenvolver o domingo 17 de marzo e que foi presentada no Concello. O programa que van desenvolver é o seguinte:

-10:00 h. RUTA A CABALO. Saída do Campo da Igrexa de Sumoas (Xove), pasando pola Lagüela (Xove), erntorno da Praia de Lago, entorno dos Cantís de Papel de Morás e retorno ao lugar de saída.

A metade da Rutas vanse servir uns pinchos para os participantes. Rematada a Ruta vai haber un xantar na carpa ubicada no Campo da Igrexa de Sumoas (Xove) servido pola Pulpería Mario.

Rematado o xantar, todos os/as asistentes van disfrutar dunha sobremesa musical amenizada por un grupo, e tamén participarán nun sorteo de agasallos.

Para todas as persoas que queiran inscribirse, o poderán facer ata o 13 de marzo (incluído), cun custo de 30€ por persoa.

Por parte da Asociación “A Medela” comunicarlles a todos os/as participantes que a Asociación non se fará responsable de ningún accidente que puidera orixinarse durante a celebración desta Ruta Cabalar; cada xinete será responsable dos danos que puidera ocasionar.

Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Xove.
 
   Para unha maior información:
   -637 562 351 Leandro.
   -690 861 415 Rubiños
   -629 810 710 Bigotes
   -616 631 495 Rodrigo