
O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, presentaron a programación para o vindeiro Entroido. As actividades comezarán o 28 de febreiro, venres, ás 17:30 horas cun baile infantil de disfraces, amenizado por Disco Móbil Conxuro, no pavillón municipal. Pero será o sábado día 1 de marzo, a partires das 17:00 horas, cando chegue o prato forte do Entroido en Xove: o desfile de Carnaval polas rúas de Xove, “con divertidas carrozas, centos de participantes e charangas, onde se repartirán máis de 5.000 euros en premios para os mellores disfraces e comparsas”, anuncia o Concello. As bases do concurso do desfile poden atoparse e descargarse da páxina web do Concello de Xove: www.xove.es. Aqueles que se inscriban antes do 28 de febreiro obterán un agasallo.
Despois do desfile dará comezo a festa de Entroido no pavillón municipal de deportes de Xove, onde se coñecerán ós/ás gañadores/as dos premios. Actuarán o grupo Fénix e Disco Móbil Conxuro.